O tempo virtual come o tempo real
Pois si. O tempo real hoxe estivo ben liado: traballo, ir para casa, volver para a piscina onde Wayne ofreceume un choio ben xeitoso: montar "decks" que son as terrazas e pasarelas de madeira que tenhen muitas das casas aqui. Todo quedou en nada porque eu tinha que aprender as medidas americanas e ia ser por muito tempo e o meu tempo nos EEUU vaise acabando. Paramos no Walmart e despois, caminho da casa, cairon un par de treixadas ou bataghons como din por Arbo e conducin a vinte por hora coas luces de emerxencia que non se via un pemento. Na casa facer a cea, xogar co Colin (que sandou dos seus males) e comezar co tempo virtual: visitar amigos vellos e novos e por novas ligazons a Arxentina, a Venezuela, ao Subsahara, aos EEUU, a Lugo, a Alemanha e a uns debuxantes que tenhen uns bocetos e retallos que tenhen magoa de perdelos para sempre.E asi foi o dia: enleado e complexo
5 Comments:
Gustáronme as ligazóns. Haberá que pasealas con algo máis de vagar. Un saúdo dende Zamora, hoxe a tres baixo cero.
Gracias, acedre! eu chego ao traballo algo antes para poder viaxar polos blogs amigos que xa son tantos... mais ese tempo virtual é case que o mellor da tarde (tarde na Arxentina, noite en Galicia, non sei ben nos EEUU a hora) porque me leva por terras, tempos, sentimentos e pensamentos aleios, lonxanos pero que tamén estan moi perto de min. Apertas!
Graciñas. Alegrome muito de que o cadeliño xa esté ben.
Bicos. Carmiña.
Outro día, con máis tempo, mirarei con máis detenimento o blog. Hoxe, só de pasada agradecer a túa visita a ribadeando. Si, chámanse cabozos ou cabazoa, pero eu nacín na terra cha...
Teño abondas maís fotos de hórreos que seguirei a poñer, pero non creo que esta semana colgue máis. Un saúdo.
Ás veces eu tamén me sorprendo do que engancha este mundo dos blogs...!!
Post a Comment
<< Home