O frio ataca de novo
Hoxe foi un dia normal, frio e con rafas de vento frio. Ana levoulles aos alumnos tortilla e gustoulles, claro. Tamen levou Nutella, unha especie de Nocilla, para untar con pan e gustoulles aos mui lambons. Pola tarde sesion de piscina e logo a cea tipica dos venres: pizza vexetal do Milano's. Logo estiven a visitar blogos e agora vou buscar no Mapquest o caminho para o hotel en Greensboro porque manha imos ala a festa de Nadal organizada pola VIF.
Xa cho contarei o domingo.
8 Comments:
Moi organizada a axenda non si?
:)
¡Vaia trote, meu!
Póñome a pensar no meu día a día e saenme sarabullas, traballo, coche casa, cociñar, fillos, durmir...
Saúde e terra compañeiro.
Pero hai algú o que non lle guste a truita de patacas?
Vou cenar...
Bicos.
Pois si. Unha axenda repleta de cousas que facer. Non e coma a dalguns famosos pero ten o seu encanto. Xa tiven fins de semana de traballo, comer e facer cousas rotinarias asi que cando hai novidades hai que aproveitalas.
A tortilla de patacas e un exito sempre, sexa quen for o que a come. Hai alguns que non lles gusta a cebola pero neste caso nin se enteiran.
Saudos e ogalla pasarades unha boa fin de semana.
quero tortilla!!!! deume fame e eu tamén son ben lambona. Vou terminar o traballo de hoxe (domingo, si!) e de volta á casa pedirelle tortilla ao meu marido. Gracias pola idea!! Apertas!
A nutella!!! Compartín unha vez piso cunha italiana que comía kilos e kilos de nutella! Ademais, vivía moi preto de Alba, seica a localidade italiana na que se fabrica...
o mellor do nadal son as lupandadas, está claro ;)
Dende logo un estomago cheo de cousas ricas agradecese co este frio (menos para Torredebabel que vai para o veran, claro).
O raro deste pais e que non ten doces tipicos do nadal, a non ser o pannetone que e italiano. Aqui non saben de torron, nin manteigadas, nen povorons...nada, que non saben do bo e non tenhen as uvas das campadas de fin de ano.
E deixo de escribir que me entra a lareca.
Post a Comment
<< Home