Tempo de lareiras
Hoxe esta o dia humido pero non mui frio. Por Warrenton flota un cheirinho a madeira ardendo nas chemineas e o dia esta triste e apagado.
O cheiro faime lembrar ao almorzo que fixemos nun Cracker Barrel no derradeiro dia do 2005. A madeira chisporretaba na lareira e o local agasallounos cun almanaque rustico con noticias curiosas, previsions de luas, ditos e prevision do tempo. Habia unha historia que non conhecia que e a referida a John Henry, un xiganton que morreu traballando nunha competicion contra unha maquina que ia roubarlle o seu posto de traballo. Esta historia adicolla aos mineiros mortos en West Virginia en particular e a todolos mortos no posto de traballo en xeral.
E como non quero rematar con historias tristes quero lembrarche que hoxe dia 4 e o aniversario do nacemento de Braille, o criador do sistema Braille para cegos. Topei a nova de casualidade nun blogo de nome lareira que parece estar ben.
Ata manha.
8 Comments:
Que a terra lle sexa leve ao xigantón John Henry, e que ninguén lle roube o seu posto no Ceo dos traballadores.
Un saúdo.
Meu sogro foi traballador da ONCE; todolos anos dabanlle o aguinaldo acompañado dunha carta escrita en Braille; él nunca a puido ler porque non tivo pacencia para estudiar; xa non vive, pero siguenlle a mandar o aguinaldo coa carta..dame magoa non coñecer o Braille..se eu a puidera ler, mesmo semella que lla poidera ler a él.
Unha paerta.
Semella que descubrimos a "lareira" case á vez ;-). Unha aperta con moita envexa, por iso da praia...
Pepe,
Nesta dirección podes atopar o alfabeto en Braille.
Como me gusta ver queimar a leña na lareira...
Diante do lume as cousas semblan distintas.
Bicos.
Oskiña Grazas pola información do Braille, agora somentes fai falta que eu sexa quen de dar conta do recado e aprendelo. Co teu permiso puxen unha ligazón o Blog no que ti mandas.
Co meu permiso e sen el, Pepe. Eu tamén puxen unha ligazón ao teu no meu blog.
Se mo permites, vou crear un tema coa túa carta aos Reis Magos que me parece incrible e digna de darlle a maior difusión porque, desgraciadamente, reflexa á perfección unha época e unha mentalidade que aínda está moi presente nos nosos días.
Hello nicee blog
Post a Comment
<< Home