Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Lenda urbana

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Wednesday, March 15, 2006

Lenda urbana



Muitas veces creo vivir nun escenario de pelicula. Xa hai meses topei uns zapatos pendurados dun cable de luz nun bairro de Warrenton. Agora xa hai outro par noutro bairro. Estes zapatos lenbranme a pelicula "Big Fish", unha pelicula que me gustou muito porque e un xeito de conto.

O costume de pendurar zapatos ten varias explicacions: dende que e unha marca dunha banda de delincuentes ata que e unha mostra de perda da virxinidade. Outra explicacion di que e o paso da infancia a madureza. Logo esta a teoria de que os zapatos son dun que vai casar e os amigos ispeno na despedida de solteiro e penduran os zapatos por non pasar unha proba. E tamen hai a teoria que di que e broma e que empezou un nun sitio e vai extendedose o costume polo pais adiante. Eu non sei quen ten razon. Suponho que todolos motivos poden servir. So espero que estes zapatos en Warrenton tenhan unha orixe distinta a teoria de bandas delincuentes.

Deica manha, se cadra claro.

13 Comments:

At 10:12 PM, Blogger Ghanito said...

Non se ó fin van ser os de Ricky Martin...
Lembras aquela historia dos circulos nas leiras, que dician que se eran os extraterrestres e ó final eran uns vellos.
A xente está aborrecida e non sabe que facer. Outros adicanse a facer blogues.

 
At 12:40 AM, Blogger besbe said...

Respecto aos zapatos pendurados o ano pasado cada vez que ía para o traballo atopaba uns...saíame un sorriso e á vez pensaba seriamente se esta cidade seria Spectro para min.
De tódolos xeitos sempre me imaxinaba que un rapaz tiraría as zapatillas cara arriba tentando facer unha trasnada, o problema é que as zapatillas polo número que eran seguro que pertencían a algún home. Con todo gracias a quen as tira e a quen as logra enganchar (a menos que sexan os malos, claro) porque nos fan rebulir a cabeza.

 
At 7:45 AM, Anonymous Anonymous said...

Na miña vila toda a vida o fixemos con pedras. Debe ser que somos un pouco brutiños de máis...

 
At 9:47 AM, Blogger Basho said...

Eu também tenho visto sapatos pendurados de fios e árvores a miúde. Coincido com ghanito. A minha avó já dizia: quem não tem que fazer, faz trompos. XD

 
At 10:31 AM, Anonymous Anonymous said...

Ten coidado co das bandas de delincuentes, non vaias a cair nesa paranoia made in USA que te fai cliente de Smith & Wesson, armado e perigoso :)
Tes que enseñarlle ó can a ser retranqueiro, e xa está.

 
At 11:25 AM, Blogger nenodanorita said...

Eu penso que debe ser costume de xente que ten moito tempo libre, porque ata que acertas leva un chisco.
Apretas

 
At 1:06 PM, Blogger verdello said...

non sabes o feliz que me fixeches con este post (e mais co anterior, somentes que daquela aínda no te coñecía...)!!! eu namorei de (e durante) 'big fish'. andado o tempo quedou o espectro... pero pagou a pena...

un pop-bico

(graciñas pola aclaración;)

 
At 2:11 PM, Blogger torredebabel said...

sabes, acedre, no Gran Bos Aires (as cidades da periferia da capital) a probeza vaise espallando cada vez con máis forza. Por iso, non é nada raro que a droga tamén. Xa se sabe: son irmás xemelgas. Pois se alguén quere mercar algo de droga, só ten que ollar para arriba e atopar as zapatillas pendurando dun cable. Aquí é pegada dun pequeno dealer.

 
At 2:49 PM, Anonymous Anonymous said...

Fai uns días que nas miñas conversas saen lendas urbanas e agora leo o teu post...
Paréceme abraiante.

Unha aperta que chegue ata EE.UU.
:)

 
At 9:01 PM, Blogger acedre said...

Gracias a todos pola visita e os comentarios.
Creo que o motivo dese calzado pendurado ten muito que ver coa delincuencia anque eu prefiriria un motivo mais humano e sensible...pero non vai ser asi. Extranhame que os haxa por Arxentina (como di torredebabel) pero ainda me extranha mais que os haxa xa pola terrinha (como apuntan besbellinha e parzival). Sera. Habera xente que non ten que facer e non sabe facer trompos nin blogos e habera xente que rende tributo a pelicula Big Fish. Quen sabe?.
Un saudo a todos.

 
At 1:50 AM, Anonymous Anonymous said...

Casualidade, a semana pasada vino en Galicia e non o souben interpretar.
Un Saúdo

 
At 2:25 PM, Blogger hojasdehierba said...

Hai unas tamén penduradas no camiño da miña casa ao traballo... pero non sei se pode ter a explicación "bonaerense", porque é un lugar onde non hai casas... E esta pegado a un instituto :(.
Buff.

 
At 5:33 AM, Blogger leco said...

Na Ronda de Outeiro, na Coruña, hai uns tamén, que levan anos. A ver se lles tiro unha foto un destes días que pase por alí e mándocha.

 

Post a Comment

<< Home