Tempos novos, tempos vellos
Esta e unha parte do centro de Warrenton na actualidade. Aqui esta a pizzeria Milano's onde mercamos pizza os venres para cear. Bueno, agora Ana non atura o cheiro da pizza, xa sabes, cousas dos antollos. Agora hai dias que lle apetecen donuts e antes non os podia ver diante e tamen hai dias que prefire ovos.
Despois da pizzeria ven unha floristeria, unha xestoria, o local do periodico The Warren Record, unha tenda de antiguidades e a gasolineira.
Na postal antiga (agasallo de Nemeth) vese mais vida e na acera da esquerda habia un restaurante e todo onde hoxe hai unha casa de prestamos que ten un cartel na porta proibindo mendigar.
E agora que van elixir novo sheriff, Ghanito ten claro por que candidato votar. Gracinhas pola confianza depositada.
10 Comments:
Avisa do día das elecións para que non esquezamos ir votar.
Eu xa aproveitarei a viaxe para quedar de alguacil. ¿O traxe mai-la chapa xa mo das ti ou teño que mercalo eu nunha tenda de disfraces?
A pinta desta rua é igualiña ca que tiña as do oeste nas películas, só falta o saloon.
Ola, Acedre. Chego un pouco tarde pero aí van os meus parabéns polo embarazo.
Unha aperta, amigo.
Encántanme os contrastes entres as fotos vellas e novas dos mesmos lugares.
É impresionante ver como cambia un lugar co paso do tempo, e o pouco conscientes que somos ata que comparamos o antes e o despois a través dunha foto do lugar.
A todo isto, Acedre, ¡noraboa polo bebé! Estiven algo "desenchufada" porque non teño moito tempo e non vos puiden felicitar antes. :) Que todo vaia ben!!
O pase moi ben coa foto de ghanito, pegarías ben de autoridade.;)
Unha aperta
Súmome a Ghanito e e voute votar! Por fin un digno sucesor de Wyatt Earp!
Yo t apoyo,pero x 4 meses,q despues teneis q venir pa Porri city,x cierto,cuando veais como qdo la Avenida d Galicia vais a flipar no parece la misma ni x asomo.
Tiene muy buenas ideas ghanito.
cando podas, pásate polo meu blog. Fedellando por aí atopei algo que lle vai vir que nin pintado á túa campaña :)
Está ben sabelo... as vilas mudan igualmente para ben ou para mal nos eeuu que na costa da morte...
saúde
Acedre tes o meu voto entre a campaña que che está preparando Ghanito e a menuda estrela que che preparou Nemeth tes o éxito asegurado... jajaja
Unha aperta.
;)
Post a Comment
<< Home