En cristiano: despedido temporalmente por escaseza de traballo. Si. Aqui cando non hai traballo din que vaias para casa que xa te chamaran. E iso tocoume de agasallo de San Valentin. Dennis Clayborne dixome que habia de ser esta semana soa e que para a semana que ven que haberia traballo e patatin e patatan. Tamen me dixo que mentes estivese el non me deixaria "off" ata que marchase no veran...e aqui estou.
Pois aproveitei hoxe e pola manha fun andando ata a
fabrica de caixas onde traballei o primeiro ano neste pais. Fun pola rua principal de Warrenton. Pasei pola oficina de trafico onde saquei o carne. Rescatei un paxarinho que non voaba e estaba no medio da rua. E un
"cardinal", o paxaro emblema do estado. Pasei polo
The Ivy, un hotelinho xeitoso e
pola casa onde fan masaxes. Logo seguin e pasei pola fabrica de fios que foi ao tacho habera catro anos. De fronte esta a fabrica de mobles
Cochrane onde pedin traballo hai tempo. Logo hai que pasar unha gasolineira media desfeita e a distribuidora de combustible para calefaccion...e xa esta a fabrica Elberta Crate & Box que soa rimbombante e so fan unhas caixas para apanhar fruita que son de usar e tirar. Falei co encargado Tommy (mayordomo en mexicano) e que me cai ben. Ten unhas barbas mestas e descuidadas e uns ollos azuis que dan medo pero bota risadas grandes por nada e pareceme bo home. Dixome que non habia muito movemento de momento e, de feito, das tres cortadoras unha esta parada e so traballan catro dias na semana. Saudei aos antigos companheiros e marchei para casa.
Cris deixara unha pelicula de DVD e mireina e gustoume muito. Titulase "Rabbit-proof fence" e en espanhol esta traducida como
"Cerca de la libertad". Trata dunhas nenas aborixes australianas que son separadas das nais porque son mestizas e naquela epoca (1931) o goberno australiano queria diluir esa xente misturada na raza branca para purificalos e co tempo acabar sendo brancos. Mandanas a unha especie de mision relixiosa e elas foxen.
A pelicula esta mui ben e
informoume dunha cousa que non sabia eu do trato dos aborixes por parte dos brancos.
Pola tarde fomos a piscina, pasamos polo Wal*Mart que estaba cheo de xente mercando globos de San Valentin, bombons e flores e logo tiramosw para casa.
E asi foi o dia de hoxe.