Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Veterans Day VS San Martinho

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Friday, November 11, 2005

Veterans Day VS San Martinho



Hoxe foi Veterans Day aqui. Este e un dia festivo extranho. Os funcionarios, bancos e correos non traballan pero o resto da xente traballa. Ou sexa, eu traballei e as rapazas non.

Neste dia fanse honras aos veterans das guerras que tivo os EEUU e na foto tirada o primeiro de outubro saen uns veterans da guerra do Vietnam en Raleigh. O que non sei e como os deixan circular co esa tanqueta por ai adiante pero, bueno, este pais eche asi.

Na terrinha hoxe e o San Martinho, patrono das matanzas, o vinho novo, as castanhas e os trompos, buxainas e pions. Da mata do porco hai unha paxina portuguesa exemplo marabilloso do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugues e atopada por Modesto onde explica ben o asunto da matanza. E dos trompos topei varias paxinas interesantes onde falan de xogos e tamen saen os nomes do trompo en diferentes idiomas do mundo tan afastados como poden estar o sueco ou o vietnamita. E que o trompo e internacional, cunha longa historia que se perde no pasado e que chega a estes tempos en pleno enfrontamento coas novas formas de vida.

Eu xoguei aos trompos nos meus tempos. Nunca tiven unha buxaina que eran caras e faciaas un carpinteiro vecinho. Eu o que si tinha eran os meus trompos mercados no quiosco que lles punha unha punta grande e unha tachola na piricota para que non o rachasen por ela e logo tinha as apouchas que eran os trompos vellos e nicados que apouchaban cada vez que o meu trompo non bailaba ou quedaba dentro do circulo despois de bailar. Lembro pasar unha punta da baraza polo buraco dunha moeda de 25 centimos de peseta. E xogabamos despois das clases ou no recreo. Bueno, son lembranzas de hai xa un tempo. De cando meus pais me daban unha moeda de 2,50 pesetas cada domingo.

E co isto despidome ata manha.

6 Comments:

At 2:38 AM, Anonymous Anonymous said...

Lembrome, en Santiago, cando xogando cos trompos habia algún que quedaba coa punta mirando para o ceo. ¡pobre trompo e pobre dono!
¡pide pedra!- Sentiase coma un berro de guerra. De supeto aparecía algúen que lle deixaba caer un pelouro enriba ou esnafrabo contra unha parede. O bo do trompo case sempre remataba esgazando pola metade, e a ti quedabache cara de parvo...

 
At 3:09 AM, Anonymous Anonymous said...

a verdade é que impresiona ver unha tanqueta tan de perto ... creo q fai unhos dias nunha vila en almeria (?) confiscaronlle a un inglés un tanque (!!!). o tipo sai incluso a dar unha volta polo pobo. non hai cargos contra o dono, pois a lei non contempla esos casos, grazas a deus o tanque 'ta no cuartel ...

 
At 8:41 AM, Blogger Colazo said...

Que gran xogo o dos trompos, que lembranzas. A min dábanseme mellor as canicas, o triángulo con moedas de peseta, o gua... aínda así non lembro que me fenderan un trompo supoño que por sorte ou falta de calidade dos contrincantes, os trompos artesanais(os que non se vendían no quiosco) era unha mágoa metelos neses lances. Tampouco se me daba mal as virguerías de facelo bailar na man, collelo coa corda, botalo de varias maneiras... Algún que outro parqué quedou resentido.

 
At 10:19 AM, Blogger Paco Penas said...

Eu non xogaba con esas cousas, andaba detrás das rapazas todo o tempo. Era o meu deporte preferido...jeje
Oiches Pedro...¿ti acórdaste da guerra civil? ¡que tempos aqueles, machiño!
Si, estou de coña porque me fode moito non haber xogado coma outros nenos, ao tropo, a estornela...
Saúde e terra compañeiros.

 
At 10:00 PM, Blogger acedre said...

Pois si que tivo comentarios este post !.
A tanqueta non ia armada asi que non teria muito problema legal para circular, o tanque do ingles xa debeu de ser cousa seria e digna dun post.
Non lembraba o detalle das pedras pero e verdade. Trompo que bailaba de pericota, trompo que quedaba enterrado por un pelouro. O millor trompo era o que bailaba pouco e tinha muita arrincada. Se bailaba muito tempo tinha perigo de que o fendesen os outros trompos que lle caian zoando.
Sinto magoa polo amigo Paco que perdeu uns momentos marabillosos sen xogar a estes xogos de antes. Anque o das rapazas non estaria nada mal. A guerra non a cheirei eu nin meu pai pero Chuquinho andaba vivo cando eu xogaba aos trompos.
Dame magoa Muralla tamen de que non lle bailase o trompo. Normalmente as rapazas e os principiantes tiraban o trompo estilo senhorita que era unha maneira de tirar o trompo horizontalmente e sen forza.

Habia mais xogos como as distintas pitas; o cachirulo; o coito (co tempo aprendin que era algo mais que xogar ao escondite); a pincha (billarda noutros lugares); huevo, pico, aranha; o brile (mais de nenas); hai luz; as canicas e outros mais.
Este tema da para muito.
Gracias polos comentarios e a ver se xogamos un dia a isto todo. Ainda botariamos unhas risas.

 
At 1:57 PM, Blogger Paz Zeltia said...

mimá... sí que che vén de vello o das buxainas!
:)
gústame esa fidelidade.

 

Post a Comment

<< Home