Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Carolina on my mind

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Wednesday, June 14, 2006

Carolina on my mind



Xa queda pouco para deixar este pais. O Colin vai nestes momentos caminho de Madrid e a nos tocanos o sabado.

A verdade e que acaba collendo carinho aos sitios onde vive e nos non o pasamos mal; a comida un pouco mala pero do resto case non houbo queixa.

Este estado de Carolina do Norte e un chisco mais grande ca Portugal e ten montanhas ao oeste, chairas e semichairas de tabaco, algodon e cada vez mais bosque no centro e costa pantanosa e chea de mosquitos ou costa de praias longas e ao mar aberto no leste.

Neste blogo tratei de comentar a nosa vida aqui e tocar temas relacionados cos EEUU e detalles curiosos (polo menos para min). Pasou o tempo e agora toca deixar esta terra. O que si tenho claro e que cando escuite esta cancion sentireina no corazon.

http://www.youtube.com/watch?v=ph-dncciBMQ

12 Comments:

At 12:28 AM, Blogger Kiko Novoa said...

Ola compañeiro e xa amigo!
Foi un pracer achegarme á túa fiestra e ler as túas mensaxes sempre cargadas de corazón...
Deséxoche o mellor nesta nova xeira que seguro será espectacular (ao fin e ao cabo o pasado queda atrás e o futuro aínda é noso).
Bicos coma un mundo.
Dende o Norte do Norte.

 
At 2:50 AM, Blogger Peke said...

Espero que nesta nosa terra sigas tendo cousas que contar.
Que vos vaia todo de marabilla e non te esquezas de que estamos rabiando por verlle a cara ao Acedriño.

 
At 3:00 AM, Blogger Marisa Beato said...

He leído toda vuestra aventura americana. Me habéis acercado una experiencia que yo no viviré.
No sé cómo llegué hasta aquí, da igual, el caso es que ahora me da algo de penita que terminéis vuestra andadura yanki pero también me alegra que volváis a casita.
Yo también espero que sigas contandos tus cosas, el cambio , tus impresiones, y todo lo que conlleva. Además de verle la carita al bollo.
Muchas gracias y bienvueltos

 
At 3:05 AM, Anonymous Anonymous said...

¿E agora onde nos vas contar cousas? ¿Onde imos ver ó acedriño?

 
At 3:31 AM, Blogger máis alá said...

Quedamonos sen corresponsal nos eeuu. Eu tamén quero agradecer que nos acercaras a tua visión desa terra que como todas ten cousas boas e malas. Esperamosche cos brazos abertos.

 
At 6:25 AM, Anonymous Anonymous said...

Agardo as túas crónicas desde a Galiza.

Unha aperta grande de benvida.
:)

 
At 7:07 AM, Blogger ictioscopio said...

e se cando regreses fas un novo blog como se vai chamar? eueo...que? :)
Sorte na nova xeira ;)

 
At 8:51 AM, Blogger David said...

Esperemos que cando volvas nos sigas contando cousas. Boa viaxe e sorte! :D

 
At 10:14 AM, Blogger Basho said...

Querido Acedre:

Aproveito uma pausa nos estudos e na correcção de exames para dirigir-lhe uma petição: não abandone o blogue, faça favor! Os EEUU já não darão de si, mas a sua deserção deixaria um oco muito sentido no Blogomilho.

 
At 12:07 PM, Blogger *Sara said...

Creo que es unha das persoas das que máis aprendín vía blog. Só me queixo de descubrirte na última etapa da túa experiencia nos EE.UU. Polo demais, foi moi agradable ler cada cousa que nos contaches e agardo que nos sigas regalando as túas historias dende a terriña.
Os meus mellores desexos na vosa viaxe de volta. Agardarémoste con impaciencia!
Biquiños aos tres. :)

 
At 3:58 PM, Anonymous Anonymous said...

:(
Aledome de que veñas, pero vou botar de menos as cousas raras que nos contabas, e as tuas excursions, as cousas dos alumnos de ana, dos teus compañeiros de traballo...
Morriña compartida :)

 
At 5:32 PM, Blogger torredebabel said...

acedre, non sei se volvo ao blogomillo antes do sábado, e quero deixarvos a Ana e a ti desexos de boa viaxe, de que todo saia ben e vémonos cando esteades na terra. Por favor! non deixes de escribir acá!!!!!!!!
Apertísimas!

 

Post a Comment

<< Home