Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Catástrofes e non tanto

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Friday, October 30, 2026

Catástrofes e non tanto


 

O outro día un tren alcanzou a outro por terras de Toledo, de onde tiven coñecidos da mili en Urda, Los Yébenes e Consuegra. Esa foi unha catástrofe para a xente e para a política que as eleccións están aí.

Outra catástrofe é que non podo escribir en Wordpress que non me funciona o editor. Non sei se será para sempre ou só estes días.

E o millor desta semana foi a presentación do libro 'Oversize'  de Marta Boente na Libraría Cartabón. Marcos Calveiro, editor de Galaxia, gabou o estilo de escrita e esa voz persoal. Xosé Monteagudo tamén gabou o libro que coñece ben que Marta está no obradoiro de escritura que imparte el. Preguntou polos autores que influiron, pola carga autobiográfica da obra e por que tardou tanto en publicar o seu primeiro libro.

A min gustoume o libro e xa estou agardando por máis que sei que están na gabeta.

Labels: ,

0 Comments:

Post a Comment

<< Home