Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Nada novo por aqui.

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Sunday, April 24, 2005

Nada novo por aqui.

Hoxe foi un dia tranquilo. Como o tempo estaba frio non fomos facer ningunha excursion.
Despois de xantarmos fomos o ximnasio a nadar un chisco. Logo pasamos polo Wal-Mart e para casinha.
A fin de semana pasada foi mais movida. Fomos a un powwow, unha xuntanza de indios onde bailan o son dos tambores e dos canticos coa gorxa forzada.
Habia tenderetes de artesania e postos de comida e muito corido e xente de todalas cores de face e de pelo. Un bonito exemplo de integracion !.
Por Galicia sei que foi o dia do libro e a festa da Lamprea en Arbo...co ben que a fai minha sogra !.
Outro dia xa chimparei da lamprea e do vinho.

0 Comments:

Post a Comment

<< Home