Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Paseos e praias

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Thursday, April 28, 2005

Paseos e praias

Pois si. Estivemos en Wilmington estes dous dias.
Ana e Cris facian un curso polas manhas na universidade e eu e mailo Colin dabamos voltas polos parques. Un parque e pequeno: o de Hugh Mcrae, e de curioso tinha un feixe de tartarugas tomando o sol que semellaban crocodrilos e un ninho artificial para morcegos.
O outro parque era o de Greenfield Lake. E un lago en plena cidade pero totalmente bravo e ata ten crocodrilos !!!. O lago e "swamp" que e coma as gandaras nosas, augas pouco fondas e muita vexetacion. O Colin mais eu demos a volta completa que eran mais de seis quilometros e habia un feixe de animais como garzas, tartarugas, parrulos, cisnes, gansos, ocas e os omnipresentes esquios aparte de mais animais...
Pola tarde fomos a praia de Wrightsville o mercores e hoxe a praia de Fort Fisher.
Non facia muita calor polo aire que soplaba pero non estivo mal de todo.
A noite do mercores ceamos no Rum Runners bastante barato e con dous pianistas que tocan en vivo e unhas camareiras xeitosas, je, je, que lles chaman as vixiantas da praia...

Dende logo, Wilmington e outra cousa. Ten bastante ambiente e esta bastante cuidado. E unha cidade un pouco mais pequena que Pontevedra pero con muita vida e muita luz. E coas praias a menos de media hora. Ten todolos servizos e universidade e un barco de guerra de museu.

E isto foi a viaxe en poucas palabras.
Ata outra.

0 Comments:

Post a Comment

<< Home