Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Sabado agrisallado na casa

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Saturday, April 30, 2005

Sabado agrisallado na casa

Onte a tarde fomos Ana mais eu a piscina. Era o derradeiro venres de abril e habia a festa da familia pero non habia ninguen. Bueno, estaban os socorristas: Adan, Heather, Bethany e Robert. O Adan e mexicano e moi simpatico. Nos chamamoslle Shin Chan porque fai trasnadas e leva o banhador que parece o polon do tal Shin Chan. A Adan non lle gusta o nome que di que lle lembra a Sancho.
Tamen foi o cumpre de Ines, a chica arxentina e fomos cear co ela e a familia.
E hoxe quedamos na casa que ia facer un dia malo pero non e para tanto ao final.
Levo todo o dia fozando no blogomillo e hai de todo. Ana traballa e escuita musica e no de eurovision xa ten favoritos: Suiza, Alemanha, Servia e Montenegro e Lituania.
Eu so sain para mercar algo para facer Ana un postre e fixen a foto esta. Faltan os cabalos para darlle un toque mais bonito...outra vez sera.
Manha temos previsto ir a Richmond en Virxinia. A ver que tal dia fai.

0 Comments:

Post a Comment

<< Home