Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Unha historia cun final feliz

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Friday, April 29, 2005

Unha historia cun final feliz

Hoxe chove aqui que semella Galicia nos bos tempos. Aparte diso todo vai ben. Hoxe chamaronme de Staffmark , a empresa de traballo temporal para quen traballo en Revlon, para que volvese ao choio este luns.
As rapazas estan no choio, o Colin esta ben lavadinho e descansando dos paseos e Tonho esta hoxe aqui ata manha.
O Tonho esta a facer un internado en Waynesboro, en Virxinia, a unhas tres horas de aqui. O sitio e un centro de recuperacion de animais salvaxes e o Tonho esta na sua salsa.
Ali entran muitos animais feridos e enfermos e uns acaban mal e outros tenhen un final feliz e a iso vou.
Hai unha semana chegou un osinho duns tres meses coma muito. O pobrinho quedou orfo que uns cazadores acabaron coa nai. Si, aqui cazanse osos e ben ghabachos que estan...
Pois alguen trouxo o bichinho que andaba perdido por eses montes e sen muitas esperanzas de sobrevivir de tan pequeno que e. No centro de recuperacion cuidaronno mui ben , con todo o carinho e o saber desa xente...pero o osinho estaba triste e asustado.
Ata que a xente do centro se puxo en contacto con outros centros e apareceu un que tinha o caso contrario e complementario: unha nai osa que perdeu a sua cria dunha enfermidade e a osa estaba triste tamen.
Os dous centros puxeronse de acordo e o de Virxinia mandou o orfinho onda a osa para veren se se aceitaban mutuamente...E asi foi : a nai e o fillo fixeron unha nova familia feliz e unida.

0 Comments:

Post a Comment

<< Home