Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Avanza a primavera

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Saturday, May 21, 2005

Avanza a primavera

Hoxe deixou de chover, anque anda o tempo algo fresco. Nada, que a primavera vai para adiante e xa case non hai flores. Pensabamos tirar para a praia pero o tempo non vinha mui catolico e decidimos quedar esta fin de semana pola casa.
Os bechos empezan a multiplicarse e o outro dia miramos o primeiro vagalume ou lucecu. O ano pasado habiaos a centos onde viviamos que era un lugar con mais arbores e menos casas.
Cris esta a prepararse para a voda mexicana que ten hoxe e Ana esta facendo manualidades con fotos. Mais tarde iremos a Rocky Mount a dar unha volta e nesta tardinha viran os amigos arxentinos e cearemos pizza que hai tempo que non estamos co ele

E agora vou comentar a foto.
Esta arbore chamase "dogwood" que ven sendo algo asi coma madeira de can e ven o nome de que antigamente fervian as cascas da arbore e co esa auga curaban a sarna dos cans.
Esta arbore e a arbore simbolica do estado de Carolina, asi como o "cardinal" e o paxaro oficial do estado. Aqui hai costume de por animais, prantas e mais cousas como simbolicos do estado.
Pois esta arbore ten unha lenda que ten que ven con Cristo, por non variar. A lenda di que antigamente era grande coma un carballo, forte e dereita e co ela fixeron a cruz de Cristo. Deus castigou logo a arbore infame e fixoa que quedase pequena, de madeira retorta e branda e as frores son brancas con forma de cruz e tenhen unhas manchinha castanhas do oxido dos clavos de Cristo, unhas pintas vermellas que representan o sangue e ten no centro da flor unha coroa de espinhas coma a de Xesus.
Manha contarei mais.

2 Comments:

At 1:44 AM, Anonymous Anonymous said...

Xa vexo que es un home viaxeiro. Moi interesantes todas as cousas que contas dos eeuu. Ainda que non poña comentarios todolos dias, iso non quere dicir que non dea unha volta polo teu blogomillo.
unha aperta dende a outra banda do rio.

 
At 6:43 AM, Blogger acedre said...

Gracias, Pepe.
Hai xente mais viaxeira ca min e ai esta www.jorgetutor.com e outros mais.
Eu procuro contar detalles pequenos e cousas curiosas. O meu blogomillo ten muitisimo de personal pero de cousas que observo.
Xa o dicia Carlos Casares: unha cultura non e tanto as grandes construccions senon os detalles pequenos da vida cotian.
Saudos.

 

Post a Comment

<< Home