Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Domingo por Dayton e arredores

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Monday, May 09, 2005

Domingo por Dayton e arredores

Ola outra vez.
Vou seguir relatando a miniviaxe a Virxinia.
O domingo non nos erguemos tan cedo. Eu tinha malletas pero aturables. Fomos almorzar ao Lynn's, un restauran de pancakes mui familiar. Almorzamos Ana, Cris e mais eu que Tonho quedou no centro de fauna. O almorzo foi bo e non mui caro e atenderennos ben. Habia unha fartura de xente porque este domingo e o dia da nai nos USA.
Logo collemos rota para Dayton no condado de Rockingham que eu mirara nun folleto que por ali viven menonitas, un grupo relixioso que viste de forma antiga e van en coches de cabalos e dedicanse a agricultura, unha cousa parecida aos amish. No folleto non especificaba o sitio en concreto, asi que fomos mais ben ao chou. Unha media hora despois estabamos en Dayton que e unha vilinha xeitosa pero sen nada especial. Iso si, fedia a bosta como Galicia nos bos tempos e habia bosta pola estrada indicando que por ai pasaban coches de cabalos. Tamen miramos sinais de precaucion por carros de cabalos na entrada do Wal*Mart que e un hipermercado e e algo chocante.
Pois estivemos un chisco bo en Dayton sen cheirar nada dos Menonitas famosos e xa iamos preguntar a alguen ou marchar cando apareceron de supeto. Primeiro foi un coche de cabalos guiado por un home xoven que pasou botando chispas por diante nosa. Detras del vinhan tres rapaces nunhas bicis grandes desas vellas e vestidos estilo antigo con sombreiro redondo e chaleque e todos felices e saudandonos. Fomos montar no coche para seguilos pero apareceu outro coche de cabalos por outra estrada e logo outro e logo dous mais noutra direccion e xa estabamos rodeados e non sabiamos por onde tirar e decidimos seguir a un para facerlle as fotos e logo adiantalo para facerlle mais fotos.
Logo das fotos seguimos por esa estrada que percorria a paisaxe de granxas coas suas vacas que son coma as suizas pero de patas mais altas e sen cornos que inda non mirei neste pais unha vaca con cornos!!!!..
Despois de percorrer a zona fomos a unha vila vecinha que se chama Harrinsonburg. A oficina de turismo estaba aberta e atenderonnos unhas senhoras mui amables que nos encheron de informacion e folletos. Dixeronnos que habia un museu de "quilts" que son cobertores feitos con retais e a Cris encantanlle. Foi Cris a ese museu e logo fomos a unha feira de arte e artesania que celebraban nun campus universitario ali pertinho.
A feira estivo mui ben e foi a entrada de balde. Habia postos con mobles, cadros, adornos para xardins que aqui agroman por todolos lados, prantas, comida, paseos de ponny para os nenos e ata habia unhas alpacas trosquiadas das que aproveitan a lan para facer roupa... e mais cousas.
Tamen habia musica e unha exhibicion de baile de "clog" que son os zocos e e un baile das montanhas que parece musica country pero e outro tipo chamado bluegrass. Nesta exhibicion bailaron cinco senhoras e foi mui divertida. No publico habia un vellinho que lles seguia o baile e era mui gracioso. En todalas festas hai o tipico que baila todo.
O dia estaba quente e pegaba o sol e decidimos marchar para carregar as cousas, devolverlle a chave a Tonho e volver para Carolina que ainda quedaba viaxe bastante.
Cando nos despedimos de Tonho, el mostrounos o centro e puidemos ver a Sarah dando de comer a un paxarinho e a Margarita alimentando unha cria de "zarigueya" ou opossum que parecia un hamster ou un ratinho.
E despois non pasou nada interesante. Fixemos a viaxe e miramos os videos no ordenador e cantamos a musica que punha Ana e parecia que estabamos nunha pelicula tipica americana.
O que si decidimos e que hai que voltar que quedan cousas para vermos coma a Natural Bridge, que e un arco de rocha; e o poboado indio que ten pegado, e logo algunha ponte cuberta das cinco que ainda existen no estado de Virxinia.
E asi foi o domingo.

0 Comments:

Post a Comment

<< Home