Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Graduation Day

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Friday, May 27, 2005

Graduation Day

Hoxe fixo mui bo tempo. Un pouco quente de mais pero nada esaxerado.
No traballo mandaronnos a todos a outras zonas que non habia choio que facer na nosa area. Estiven primeiro carregando unha maquina de tapons, logo embalando e logo metendo algodons nunha caixa onde se enchoupan de crema e pasan a unha fita onde os embalan. Logo mandaronme a outra linha e xa non estiven mais con Emma a hondurenha que non para de falar co seu acento caribenho...e a ela gustalle o meu. Por ai gustanlles que se pronuncie a zeta.
Emma faloume dunha telenovela que esta a mirar: "La mujer en el espejo" e e unha muller que e guapa de dia e fea de noite e e filla dun home rico pero ela non o sabe e ten unha madastra que a trata mal. Ou sexa: unha mistura de contos, lendas e mitos.

Cando sain Ana xa estaba na casa que a trouxo o noso vecinho. Preparamonos e fomos a graduacion. Ana quedou axudando ao fotografo e tinha que apuntar un numero ao lado de cada alumno e por se era home ou muller e branco ou preto.
O dia foi bo e houbo muita xente. Mais de douscentos alumnos conseguiron o titulo.
A cerimonia empeza cos da mesa principal e os alumnos desfilando dende fora do campo de rugby ata o palco e as sillas de diante. Nas beiras hai outras sillas para familiares con invitacion dos titulados e o resto da xente esta por fora nas bancadas.
O meu choio era estar nunha cancela entregando programas. Cando pechamos as cancelas xa puiden facer fotos e videos menos cando aguantaba a corda para separar os familiares e os alumnos que se non xuntanse e hai un cristo.
A banda toca a musica tipica da graduacion "Pomp and Circumstance" e logo toca o himno. Despois venhen as presentacions e saudos para os profesores e os pais. Houbo tamen unha lembranza para un alumno que morreu nun accidente e o pai del recolleu o titulo e presentes dos alumnos e companheiros do fillo e foi emocionante. Logo deu un discurso unha antiga alumna que prosperou na vida e deulle azos aos alumnos e dixolles que traballando duro e respetando aos demais poden chegar lonxe. Logo o coro cantou o himno do instituto "Like an eagle" que a aguia e a mascota do instituto. Por certo, o coro de vinteseis alumnos non tinha nin o primeiro branco.
E logo xa foi a entrega dos diplomas por parte do director e rematou co lanzamento de globos, confetti e sombreiros polo aire e oubeos dos graduados.
A cerimonia foi coma a do ano pasado e houbo unha senhora maior que se esvaeceu pola calor e a cantidade de xente. Pero quedou nun susto.
E asi foi a cerimonia, coma nas peliculas.
E non tenho mais que contar. Manha saimos de viaxe e ata luns non volvo escribir.

0 Comments:

Post a Comment

<< Home