Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Luns cotian 2

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Monday, May 16, 2005

Luns cotian 2

O choio en Revlon foi ben. Esta o traballo un pouco frouxo e os traballadores eventuais por Staffmark contanse cos dedos dun par de mans.
Hoxe tocoume con Susan, a indonesia, na cabeceira da linha colocando chapinhas para encher de producto.
A Susan non para de falar e sabe indonesio, chino mandarin e cantones, ingles nivel medio e tamen bastantes palabras e expresions do espanhol que aprende dos mexicanos (xa lles gustaria a Ana e Cris ter alumnos asi de bos ). Hoxe interrogoume sobre todo e preguntaba cousas como se dician en espanhol e Susan e coma unha mistura de esponxa e de loro que asimila todo e repiteo case cravado. Petardea un pouco cos eles e erres pero bueno...Tamen facia acenos raros coa cara e de ves en cando dalle un meneo a cachola para desbloquear o pescozo. E un fervellico que anda sempre a correr e e pequecha e delgada e ten roupa de nena (a unica que lle vale). Ten un coche vermello tipo deportivo cheo de peluches na bandeixa traseira. Esta orgullosa de ser americana (e iso que ainda non o e) e esta casada cun americano que xa debe de ter un trono no ceo por aturar a semellante maquina de falar.
De operador de linha estaba Wesley que e branco, alto e delgado con barba e fala surenho total que non pispo nin a primeira. Ten un chisqueiro coa bandeira confederada que fala e e un bo traballador. Tardou muito en falar comigo pero xa me vai tratando.
Cando sain esperei por Rosi, a arxentina , que me deu productos para Ana. Resulta que de cando en vez, a empresa reparte catalogos para que os traballadores escollan cinco productos de balde. Rosi preguntoume que queria Ana, Ana mirou o catalogo e marcou o que quixo e Rosi deumo hoxe.
Rosi hoxe non tinha un bo dia que estaba sen forzas. Ten problemas con alerxias e un cancro de pel que a queima viva. Colleu o cancro en Arizona cando traballaba ala que tomaba o sol as bravas, sen proteccion nin nada e agora esta asi. E unha verdadeira magoa co boa que e con todo o mundo...
Con todolos contos, cheguei tarde a buscar a Ana pero aledouse cando mirou as trapalladinhas de Revlon.
Mais tarde fomos ao ximnasio: eu nadei e Ana foi facer Pilates. No vestiario un tal Gwen dixome que me ia dar o seu telfono e convitarme a dar unha volta en veleiro polo lago Kerr. Suponho que quedara en nada.
Logo merquei cousas no Wal*Mart, busquei a Ana e para casa.
E asi foi este luns con ceos con nubes e claros e unha temperatura agradable.
Manha habera algo mais.

2 Comments:

At 3:09 AM, Anonymous Anonymous said...

Polo teu xeito de describi-lo mundo xa podemos ata pechar os ollos e soñar.
Xa había pasado polo teu blog desde a costa dos arrieiro e gústame o estilo. ás veces parece que estás de vacacións en vez de traballando.
Saúdos desde o sur de Tenerife con moito sol.

 
At 8:21 PM, Blogger acedre said...

Gracias polo eloxio, de verdade.
Eu penso que temos os pes na terra para andala e sentila, os brazos a altura dunha mesa de traballo para crear cousas e a cabeza no alto para sonhar e percibir aires lonxanos.
Todos somos dualidade e temos unha vida laboral de obriga e un tempo ocioso para facermos o que nos gusta. Eu ese tempo ocioso procuro disfrutalo e extendelo ao tempo de labor.
E falas de vacacions e semellame mais que estas ti de vacacions no sur de Tenerife con sol que eu que estou a tres horas da praia mais cercana.
Pois nada, gracias e a disfrutar o momento que a senhora da fouzanha anda a volta da esquina.
Saudos.

 

Post a Comment

<< Home