Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Mais xente de Revlon

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Tuesday, May 03, 2005

Mais xente de Revlon

Aqui estou de novo.
Fun ao choio e tocoume a mesma linha de traballo. Cambiou a xente que abria as caixinhas que hoxe foron Cecelia e Ernestine. As duas son negras e estan falando sempre. Cecelia pregunta por Tonho sempre e da muitas apertas a todo o mundo. A min acordame os Teletubbies: Unha aperta forte !. Tamen ri en alto por calquera cousa e e unha alegria onde queira que estea.
Ernestine e leda tamen e e outra vellinha cunha voz mui fina. Ia mercar unha casa pero foi un timo e o constructor marchou cos cartos da xente e ela quedou sen cartos e sen casa e agora esta alugada en Manson no condado de Warren. Cecelia tamen vive no condado en Arcola onde viven muitos dos indios do condado.
Logo mandaron a xente para outra linha e eu traballei con Vicky, unha negra baixinha e mui gorda que non fala case nada. Estivemos ai ata a hora de sair, as tres e media; metendo cakes nunha caixa.

Hai un taboleiro de anuncios onde ponhen fotos da familia e todo iso e agora esta con fotos de veterans de guerra que traballan en Revlon ou son familiares.
Hai xente da guerra de Vietnam e do Golfo Persico. De feito houbo un numero da revista People que na portada tinha un empregado de Revlon, que fora elexido soldado do ano.
Aqui anda muita xente con niques que ponhen "Revlon lembra" polo das torres xemeas e nos coches hai pegatas e lazos de apoio ao exercito e ao pais que aqui son mui patriotas.
Pegatas como "Deus bendiga os USA" e "Apoia as nosas tropas" son as mais numerosas anque tamen hai outras con outra mensaxe como: "Deus bendiga os USA e o resto do mundo" a "Apoia as nosas tropas...que volvan para casa vivos". A xente dividese no asunto da guerra; uns estan a favor e outros din que esta arruinando o pais e que en Iraq non fan nada. De todolos xeitos este e un tema un pouco tabu e non se toca muito.
Falando de pegatas nos coches tamen ven a conto o asunto das matriculas variadas ( en Carolina do Norte non e obrigatoria a matricula diante e fan ou compran unha personalizada). Hai dende "Xesus amate" ata "Eu quero o meu gato"...e asi ata o infinito. Logo tamen podes por unha matricula legal atras cun texto personalizado que queiras que non estea repetido e este e o exemplo da foto. Real coma o coche.
E isto e o que hai por hoxe.
Chaucinho.

1 Comments:

At 10:29 PM, Anonymous Anonymous said...

Hola.
Xa vexo que viaxas e traballas moito. Grazas pola ligazon que pos o meu blogomillo. Coido que tes un pequeno erro nela. Puxeches dainsua e ten que ser deinsua

http://santomedeinsua.typepad.com

 

Post a Comment

<< Home