Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Maymont Park en Richmond

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Sunday, May 01, 2005

Maymont Park en Richmond

Hoxe amenceu a chover pero logo quedou un bo dia.
Fomos os arxentinos, Cris e mais eu a Richmond en Virxinia. Fomos ao parque de Maymont, unha antiga casa de plantacion que o dono cedeu para disfrute da xente. A entrada e gratuita anque admiten doazons. O parque ten a casa e os edificios auxiliares cunha mostra de carruaxes, un graneiro de pedra e un pombal. Logo hai un terreo grande e ondulado con arbores vellas e enormes, un xardin xapones e outro de tipo italiano con escalinata de pedra e pergola. Tamen hai unha granxa con cabras, ovellas, vacas, galinhas, coellos e un farinhote pequeno. Hai tamen un acuario con peixes do rio James e tartarugas e lontras e unha exhibicion de aves nocturnas e morcegos. Todo esta ben presentado e con explicacions acerca do rio e o seu aproveitamento. E logo, ciscados aqui e acola, hai recintos con animais coma cervos, bisontes, raposas, un lince americano, un oso e aguias e avutres.
Iso, que esta ben montado e da para pasar un par de horas boas e mais co dia que fixo e nesta epoca que hai muitas flores e estan as arbores tan verdes.
Do parque fomos ao centro da cidade que estaba con case todo fechado (aqui nos fins de semana os centros das cidades estan mortos).
Xantamos nunha cervexeria que fan a cervexa eles mesmos e, anque cara, e mui boa.
Despois queriamos ir ao museu de Edgar Allan Poe pero xa ia pechar, asi que baixamos a beira do rio James. No rio habia unha exhibicion con musica e tenderetes pero cobraban dez dolares por persoa e non entramos.
Cruzamos o rio por unha ponte peonil que esta enganchada por baixo dunha ponte para trafico rodado. E na outra ribeira seguia un paseo do que fixemos so un anaco. Nesta parte do rio habia rapidos e xente facendo rafting e kaiak. Estes rapidos chamanse Hollywood Rapids.
E este foi o dia en Richmond: con boa companha, un tempo agradable e unhas boas caminhadas.

0 Comments:

Post a Comment

<< Home