Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Monstros e lendas

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Wednesday, May 11, 2005

Monstros e lendas

Hoxe o choio foi rodado. Fixo unha calor abafante pero calmeina na piscina a tarde.
Un dia cadroume ver un programa no Discovery Channel e falaban dos bigfoots e dun monstro que vive nun lago coma o do lago Ness. Este vive nun estado do norte e hai unha vila na que a maioria da xente di telo visto. O monstro chamase Champ porque o lago e o Champlain.O caso e que aproveitan que hai varias fotos nada claras para montar a parafernalia toda e vender souvenires coma chisqueiros, gorras, chaveiros, camisetas e todos eses productos e vivir diso e do turismo que atrae que a vila non queda lonxe de Nova York.
E digo eu, a ver cando aproveitamos nos e facemos negocio cos cozarellos, biosbardos, piopardos, Santa Companha, lobishomes e as vilas afundidas nas lagoas que hai por Galicia. E iso faime lembrar unha que me dixo un de Panxon.
Hai un lugar que se chama dunas de Gaifar e queda xusto nas dunas da praia de Panxon e resulta que ese lugar antigamente era un porto de mar prospero e cheo de vida pero antes chamabase Caifas e deu en pasar por ali Xesucristo e dixo aos moradores que lle cambiasen o nome que era sacrilego e que se non o cambiaban, cubria todo de area ata facer desaparecer a vila. Os vecinhos non fixeron caso dicindo que o nome do porto era asi e non ian cambialo. Acto seguido, Xesus marchou e mandou unha tormenta que levantou a area de toda a praia e xuntouse enriba do porto e desapareceu o porto e os seus habitantes. Co paso do tempo, a xente foi volvendo ali pero como xa sabian da condea decidiron cambiarlle o nome por outro parecido e dali saiu o nome de Gaifar que ainda segue hoxe vixente.

Hai unha lenda nos EEUU sobre a orixe dunha pranta trepadora que hai no sur dos EEUU e sobre todo en Luisiana e Florida, anque chega ata a costa de Carolina.
A pranta chamana "Spanish moss" que seria musgo espanhol e ten unha orixe curiosa.
Resulta que en Florida habia espanhois (chegaron antes que os ingleses) e habia un que tinha unhas barbas desas que meten medo do longas e descoidadas que as tinha. E resulta que o tal home un dia viu unha indiecita que lle gustou e foi detras dela con fins libidinosos. A inda botou a correr o mais que puido pero o espanhol ese xa lle ia no rabo dela . Enton ela agabeou por unha das arbores que habia ali e de pola en pola foi fuxindo. O espanhol subiu coma puido e foi detras dela pero ia enganchando pelos das barbas nas pontas das polas ata que ao remate quedou pendurado das barbas e non era quen de soltarse. El chamou pola india para que lle botase unha man pero ela xa estaba ben lonxe que non queria saber nada do mangallon ese. E ao final o home morreu pendurado polas barbas na arbore. E eses pelos quedaron transformados dai en diante na pranta trepadora.
...E esa e a orixe da pranta "Spanish moss" que sae na foto.
Manha hai mais.

0 Comments:

Post a Comment

<< Home