Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Rapaces do instituto

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Thursday, May 05, 2005

Rapaces do instituto

Ana da clases de espanhol no Warren County High School e iso xa e outro mundo se o comparamos coa terrinha.
Aqui mais do oitenta por cento dos estudiantes son negros, afroamericans, pretos, morochos, morenos, moyos ou como queirades chamalos. Xa na entrevista, a directora preguntoulle a Ana se tinha algun inconvinte en impartir clases a negros.
Esta xente ven dos descendentes dos esclavos ( por aqui e Virxinia andou Kunta Kinte e familia ). Normalmente venhen de familias pobres e rotas. Viven coas avoas e tenhen padastros e madastras e medios irmans. Os pais tenhen os piores traballos e muitos viven das "food stamps" que da o goberno; iso si, tenhen tele en cada habitacion e as rapazas gastan cartos en peiteados e roupa que mete medo. Tenhen muito carinho pola familia e o mais importante para eles e o "quality time" que e o tempo que pasan coa familia. Tamen son mui relixiosos e botan nas igrexas todiiiito o domingo, e ali cantan, rezan e xuntanse con outras familias amigas e non creades que van a misa por iren...non, eles cren de verdade e e un asunto de maxima importancia. Outra cousa que lles gusta e comer e sobre todo polo. Tolean por el e polos restorans de buffet libre, de comer o que queiras. Tamen comen pizza e comida mexicana e chinesa. Vamos, que son de bo dente.
Aparte de comeren e iren a igrexa tenhen outras diversions coma falar polo movil, escuitar musica deles, deportes coma baloncesto e futbol americano (tenis e beisbol e de brancos) e ler novelas e revistas feitas especialmente para eles. Mesmo hai cine para eles e case non conhecen os actores de Hollywood.
De forma de ser, hai de todo. Son alegres e festeiros en xeral, pouco disciplinados pero sen maldade, non son nada rancorosos e son infantis e un chisco preguiceiros. Estudiar non lles gusta e tamen e que non lle miran futuro vendo os prezos que tenhen as universidades e as poucas oportunidades para sacar unha beca que hai e cada vez menos que os presupostos en educacion van para abaixo que hai outros gastos por ai que todo o mundo conhece. O futuro para eles e un choio manual que non queiran os brancos ou meterse no exercito ou emigraren a Nova York ou Chicago. Aqui non tenhen muito futuro. Os brancos son poucos pero cortan o bacallao aqui e tenhen ese circulinho para eles que e dificil de traspasar. Logo din que non hai racismo, que todos son iguais pero a min algo me cheira que se non como se explica que haxa igrexas para brancos e para negros, perruquerias, barrios e mesmo funerarias...e asi mais cousas.

Este e un tema longo e complexo que xa retomarei outro dia.

No choio todo ben. Non vou seguir describindo a xente que xa terei tempo. O que si direi e que o mercores Rosi, a arxentina, tivo un desliz e saiu da casa pola manha cun zapato negro e outro azul e foi a risa da fabrica. Resulta que ela ten na casa un almario deses de entrar un dentro e non debia ter luz ou o que sexa, que ela colleu os zapatos desparellados e ala os puxo toda chea de razon e cando se decatou era tarde para dar volta. E non ten nada malo, agora hai mangas longas nun brazo e curtas doutro e de diferentes cores e pendentes desparellados e mais cousas...asi que, quen sabe ?...pode chegar a ser unha nova moda.

E xa me despido e ata o domingo non vou escribir que manha vou ao taller a cambiar as rodas que me arrebentou unha e logo xa tiramos onda Tonho quen, por certo, esta de cumpre hoxe. E hoxe tamen e gran dia para os mexicanos que e o cinco de maio cando botaron os franceses da sua terra.

2 Comments:

At 1:43 AM, Anonymous Anonymous said...

O branco non sen quen de atopalo..ten que estar moi agochado.
Unha aperta

 
At 9:25 PM, Blogger acedre said...

Pois o branco esta na esquerda. Asoma os pelos rubios que ten e un brazo.

 

Post a Comment

<< Home