Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Sabado de caminhadas por Shenandoah, VA

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Sunday, May 08, 2005

Sabado de caminhadas por Shenandoah, VA

O sabado erguemonos cedo e tiramos para o parque de Shenandoah.
O parque fundouse polos anos trinta e forma parte dos Apalaches en Virxinia. Non e mui ancho pero si alongado e ten unha estrada que vai pola crista dos montes que esta chea de sitios onde parar e admirar a paisaxe. Hai que pagar 10 dolares por coche e o pase e valido por cinco dias. Aqui hai que pagar por entrar nos parques nacionais. O unico que e de balde e o das Smokey Mountains en Carolina que esta perto onde vive o tio de Ana.
A estrada ten un murinho feito por GALEGOS e esta chea de vistas pintorescas. E aqui hai un artigo falando do tio de Ana, unha maravillosa persoa por certo, e eses canteiros.
Volvendo ao que estaba, fixemos primeiro unha rota curta caminhando ata uns penedos que se chaman Calvary Rocks e nesa zona mirei un oso.
Si, xa mirara un nas Smokey a uns pasos de nos e fuxiu botando chiribitas e este mireino nunha arbore e debeu de cheirarnos que baixou fogueteado e non me deu tempo a tirarlle unha foto boa. Mireino de casualidade que eu buscaba un peto que marchara voando nesa direccion. Tamen e casualidade xa que hai uns mil osos nas Smokey e seiscentos en Shenandoah.
Os animais mais doados de mirar e que estan na beira da estrada son os cervos que aproveitaban a herbinha que medra ali. Os cervos non tinhan medo dos coches e fixemos fotos abondas deles.
Mais tarde paramos onde habia unha rota con freixas ou fervenzas ou cachons ou como sexa.
A rota era longa e encostada. Primeiro foi baixar uns dous quilometros por un regato e logo subir por outro e esa subida foi matadora porque iamos recen comidos e facia calor. A subida non chegaba a dous quilometros. E logo vinha o tramo final duns catro quilometros con pouquinha subida. E nada , acabamos case arrebentados e salvamonos de miragre dunha molladura que habia prevista unha treboada e quedou en catro pingueiras de nada.
Logo fomos a un Visitor Center en Big Meadows que son acrarados de vexetacion para uso gandeiro. Shenandoah estaba case sen arbores cando o fixeron parque nacional e muitas das arbores que ten agora, e son muitisimas, foron prantadas.
Ali perto habia outra baixada para unha fervenza que fomos mirar. E esa foi a que nos rematou.
O Colin xa non foi que non estaban permitidas mascotas e o pobre coxeaba.
E logo xa fixemos o caminho de volta en coche para Waynesboro e ceamos no Cracker Barrel, un restaurante que e tenda tamen e esta mui adornado con cousas de madeira e rusticas.
Xa logo fomos para o cocho.

1 Comments:

At 2:21 AM, Blogger paideleo said...

This comment has been removed by the author.

 

Post a Comment

<< Home