Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Sherando lake e Charlottesville

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Sunday, May 15, 2005

Sherando lake e Charlottesville

Hoxe domingo tocou a volta para Warrenton.
Tonho tinha que ir ao centro de recuperacion e nos fomos almorzar ao Lynn's por variar. Logo fomos ao Sherando lake que esta a unhas vinte millas de Waynesboro. Habia que pagar dez dolares por entrar pero o chico deixounos entrar gratis unha media hora, asi que fomos ata o lago que era xeitoso e mais ou menos coma o de onte. Fixemos fotos na beira do lago e na casa de madeira cunhas chemineas que era a oficina do parque.
Despois de volta, despedimonos de Tonho que estaba todo guapo cunha rede para o pelo que ia operar un falcon.
Chegamos a Charlottesville e fomos dar unha volta. O centro da cidade e peatonal e ten muita vida e iso que e domingo. Hai restorans, tendas, salas de arte, un teatro, uns multicines, unha exposicion de maquetas dos arquitectos da universidade de Virxinia e librerias de libros usados e novos e Ana mercou un que fala da sociedade americana. Tamen hai unha pista de xeo cuberta.
Esta visto e comprobado que os estudiantes ou os militares son os que dan vida as cidades.
Chegou a hora de xantarmos e tomamos pizza que estaba mui boa e cafe que nolo reenchian de balde.
A rua estaba chea de xente de todolas cores e misturados con toda a normalidade do mundo. Muitos paseaban cans e tamen habia dous nenos tocando: unha nena co violin tocaba musica celta e un neno (parecia o irman) tocaba o acordeon mais adiante.
No centro de informacion deronnos un mapa cunha rota a pe rodeando a cidade e fixemos un anaco.
Non topabamos a entrada e Joseph axudounos. O tal home parecia un artista (nesta cidade miramos xente de todolos tipos) ou un hippy. Tinha a casa con flores e cadros na entrada e un can xigantesco e bonachon.
A rota era pola beira do rio Rivanna que ten auga choca. Isto non servia de obstaculo para os cans que se banhaban a cada pouco. Esta rota ten muita xente que pasea o can.
Cando levabamos unha milla andada botou a chover e tivemos que pegar media volta. Pasamos por un atallo que parecia Galicia porque habia silvas, xestas, salgueiros e ata videiras botadas a monte.
Xa logo tiramos para casa e so paramos a botar gasolina. Choveu todo o caminho ata Carolina.
Na casa tocou o banho de Colin e Ana e Cris botaron no buzon da biblioteca uns libros para devolver. A ver se Ana non vai ao trullo que tinha que devolver " O codigo Da Vinci " o venres pasado.
E asi foi esta fin de semana. Manha toca rotina e calor que volve ser luns.

0 Comments:

Post a Comment

<< Home