Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Treboada americana

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Thursday, May 12, 2005

Treboada americana

Hoxe o choio foi ben. Primeiro traballaron duas linhas pero as once marchou xente para casa coma Sheila, unha negra mui simpatica que no Nadal deu tarxetas a todo o mundo e un detallinho con golosinas. Esta muller e festeira e mui traballadora. Cando fun a Miami trouxenlle un chaveiro de recordo con area da praia e gustoulle.
Outra que marchou e Virginia, outra negra simpatica que se adica a bailar cando ten a minima oportunidade. Dende logo esta xente non ten complexos e e leda.
Tamen marchou Kathy, unha branca de Florida moi simpatica que ten 44 anos e e baixinha e repoluda. Ten a casa coma un zoo pois ten loros, iguanas e unha serpe xigante.
Ronnie tamen marchou. Eu chamolle Patachula porque coxea dun accidente. E bo home. Gustame cando se escaquea que ponse a mirar as maquinas como traballan ou pega unha volta para tirar algo e volve por outra trapallada e asi fai tempo. E pequeno, feo e fraco. Ten un cinto de coiro que parece Indiana Jones pero e pacifista que ten unha pegata co simbolo dos pacifistas anque coa bandeira americana.
Os que quedamos traballamos ata a hora de marcharmos.
Fun buscar a Ana coma sempre e facia muita calor. Cando voltabamos para casa fixemos esta foto das vacas refrescandose que as temos visto muitas veces e parecenos unha imaxe ben graciosa. Despois saquei ao Colin a dar unha volta e viu Cris conosco e fixen mais fotos para futuros comentarios.

Aqui e mui tipico ter prados con vacas e lagoinhas para beber e refrescarse o gando.
Estamos nunha zona rural e o que se cultiva mais que nada e algodon, tabaco e soia. Hai tamen boniatos e unha especie de melons que se chaman cantaloupes.
As hortas coma as galegas non existen. Hai pouca leituga e e dura e brava para aturar as xeadas e as calores. Os tomates, cebolas, pementos e xudias millor esquecelos. Tampouco hai fruita. As vinhas que hai son de adorno e son unha videira cun par de espalleres coma muito.
Logo non hai valados nin muros e nunca se sabe onde empeza unha propiedade e acaba outra. So hai valados cando hai gando que acostuma ser vacas sen cornos e as da foto son peludas ademais e tenhen as cores perpendiculares e semellan bandeiras.
Tamen hai alguns cabalos e cabras e logo algun farinhote. Pitas mirei mui poucas e porcos xa non tenho mirado e dos coellos nin rastro que nin tan sequera hai a vender carne de coello nos supermercados.
E xa volvendo a falar do dia; coa calor no seran fechouse o dia e puxose a lustrar e a tronar como so sabe facelo aqui: ao grande, pero agora quedou todo en chuvia.
E iso e todo por hoxe.
Manha volvemos a Virxinia e a ver se tenho tempo de por algo.

2 Comments:

At 11:51 AM, Anonymous Anonymous said...

Ola P,sabes quien soy?el otro dia lei un poco d lo q stas scribiendo y oy e acabado,parece q stais en otro mundo,q pena q el racismo aun ste tan presente por ai,bueno sigue escribiendo q d vez en cuando me gusta saber q os lo stais pasando bien y conociendo cosas nuevas,por cierto,le comente a Marita lo de las vacas sin cuernos y pregunta si es q se los cortan o nacen asi,bueno asta pronto,(si es q aun no stoy en Mayorca cuando volvais).
Saludos pa Ana.
Cuidaros muxo.

 
At 5:17 PM, Blogger acedre said...

Chelo, Chelita, Chelin... claro que sei quen es. Eu non esquezo raparighas bonitas.
Gracias polos comentarios e dille a Marita que nacen asi e que aqui hai ovellas con cornos... os americanos sonche asi.
Ana, Colin mais eu estaremos por ai o 13 de xunho asi que non sabemos se estaras ou non.
Pois nada, saudos a xente do Corpore e que che vaia ben polas Illas Pitiusas.
Ana xa me rapara outra ves o pelo para que me quede pincho e poidas tocalo.
Chaucinho.

 

Post a Comment

<< Home