Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Volta ao choio

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Monday, May 02, 2005

Volta ao choio

Hoxe volvin a Revlon despois de case duas semanas de "vacacions".
A xente recibiume sen grandes alegrias, coma se levase eu unha fin de semana na casa.
Emma, a big black lady, dixome: Pedro, you run the label in 2810, sen dicir bos dias nin welcome nin nada. Esta muller e a minha encargada e e alta e gorda que mete medo. Segundo parece ten un bo corazon pero poucas veces o demostra.
Tocoume traballar con Phillip, Lisa, Rosi, Vivian, Tamy, John Paul, Katherine, Norma, Tammy, Vernita, a companheira que non lembro o nome e Tim. Tommy era o machine operator.
Fixemos pos para a cara e botamos todo o dia ai. Eu era quen punha o ritmo que estou etiquetando as caixinhas. O choio foi aburrido e as etiquetadora ia mal que saltaba unha caixa e na seguinte caixa punha duas etiquetas.
E agora vou describir a xente antes de que a esqueza.
Abrindo as caixas estaba o Phillip que e branco de 23 anos e botou o dia a imitar a Donald Trump en "The apprentice" dicindo: You' re fired. E bo rapas. Esta carequinho e conta ata dez en espanhol e chama loco a todo o mundo. Gustalle o baloncesto anque e baixinho, os xogos de ordenador e os ATV, as motos de catro rodas para ir polo monte (non sei como lles chaman na terrinha).
Tamen abria caixinhas Lisa que e de Arizona e ten familia que fala cajun en Luisiana. O home dela sabe pidir cervexas en espanhol. Eu non a conhezo muito.
Rosi e arxentina e fala con todo o mundo. Esta casada cun encargado de area de orixe hungara de nome Atilla...vaia nome !. Rosi punha os algodons para espolvorexar.
Logo estaba Vivian, unha negra alta e cunha cara de mala de pelicula que me dixo un dia que eu me parecia a Arnold Schwarzeneger e eu dixenlle que non me gustaba e ela dixo que tampouco lle gustaba a ela, ou sexa, chamoume feo coma non quere a cousa. Ela baixab a tapa que cubre o algodon e esta tapa recibe un pegotinho de pegamento que pega o cake a caixa.
A seguinte e Tamy que e branca e gorda e punha os cakes que e como lle chaman ao producto en si. Non fala muito e traballa ben. Non sei que idade ha de ter. Aqui e dificil adivinhar a idade da xente.
Logo estaba John Paul que e un senhor mui maior (aqui a paga do retiro non da para muito). Estaba controlando que o producto non tenha lixos nin cousas raras. El sabe que hai un rei en Espanha e cando pode bota unha moneada que parece o dono do Pedrochosco da empresa. El e o primeiro que o pilla cando pasea pola fabrica despois de xantar.
Metendo as caixas en estuches plasticos habia tres mulleres. A primeira e Katherine que e Vietnamita e calada e mui traballadora. Despois esta Norma que se me semella a nai dun amigo de Torneiros. E tranquila e fala con todo o mundo. Despois ven Tammy que un cuarto de hora antes dos descansos bota unha carreirinha ao banho que me lembra os hipopotamos cando saen da auga do gorda que esta. E boa persoa anque algo parada no choio (ten que manter o tipo, non?).
Ao final esta Vernita, unha vellinha que foi guapa e que ten frio sempre e leva roupa que me lembran os anos cincuenta.
Tamen esta a companheira que e vella (non tanto) e non se leva mui ben con outra xente.
Tim estaba paletizando e e un negro novo por Staffmark que o toma todo con muita pachorra.
Tommy, o "opereiro" traballa todo o tempo e fai bromas e pegalle sustos as mulleres facendo ruido de tiros...
E asi e algunha xente de Revlon.
Manha conto mais.

0 Comments:

Post a Comment

<< Home