Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Xente da piscina

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Thursday, May 26, 2005

Xente da piscina

Ola de novo.
Hoxe fun ao choio e foi todo ben:estiven na minha area coa xente de sempre. Ensineille as fotos nosas a Ronie, o "Patachula" e a Katie a "Amante dos bechos". Esta Katie e branca de 44 anos e baixota e gordechinha e fala muito e ri tamen. Na casa ten loros, iguanas, unha becha xigante que esta nunha foto cun fillo pequeno todo ledo co demo da serpe enroscada non pes e mais bechos que lle queren mais a ela que ao home e que tenhen a habitacion principal coma territorio dos animalinhos. E mui boa rapaza, si senhor. E dixo que Ana e guapa ou sexa que leva mais puntos.
A tarde fomos para o ximnasio que hoxe apetecia nadar que facia unha calor de derreter a un.
Estaba nadando a senhora "Nadadora" que e unha muller que se pon a nadar estilo crawl unha hora amodo pero seguido sen parar.
Tamen estaba "Madelman", un senhor rarisimo que nada estilo ra pero para atras e logo ponse na beira da piscina a falar so e ponse de pe no medio e anda no sitio e segue a falar so. A min pareceme que estivo en Vietnam e quedou trastocado.
Outro que estivo anque no vestiario e Bob, un sicologo que traballa no hospital pegado ao YMCA.
Esta aprendendo espanhol e fala despacio, despacio e pensando muito as palabras. Comigo aprendeu chatarra, irritar e presumir. E el di: Grasias, grasias.
Faltaba hoxe Burt que quedou trastocado (este si seguro) dun accidente. Botou un tempo en coma e logo tivo que aprender todo coma un neno pequeno desde vestirse a falar e isto non o aprendeu mui ben que non hai quen o entenda. Cando fala de comida que lle gusta babea coma o seu tocaio dos Simpsons. Ademais estes dias ten a teima de que imos mudarnos a Wake Forest e todolos dias mo pregunta e eu digolle que non e ao dia seguinte xa volve coa mesma leria.
Estivo Adan ensinando a nadar aos chamaquitos e logo quedou de socorrista. Este Adan ten cada unha...asi lle chamamos Shin Chan. Unha vez dixome que escribira unha poesia en galego e eu dixenlle que ma trouxese e un dia trouxome un papel escrito a boli e empezo a ler e si, era en galego; pero era "A forza desta vida", unha cancion da Operacion Triunfo. Noutra volta dixome que un companheiro del socorrista tamen, que era mexicano pero que eu non lle podia falar espanhol que so falaba ingles e nahualt e eu crinllo e el botouse a rir.
Tamen estivo ensinando Bethany de bo nome "La Sirenita" que nada mui ben e rapido; e de mal nome "Olivia" porque e algo delgaducha e ten unha cara asi coma a de Olivia.
Eu herdei de meu pai isto de alcumar a xente e suponho que todo o mundo o fara. Suponho que a min me chaman na piscina "Hairy Fish" ou o "Peixe peludo" e a Ana seguro que a bautizaron coma a "Peixinha Duracell"....Bueno, eses serian os nomes que poria eu.
E mais nada. Manha toca a graduacion no instituto e eu irei de vontario para atender unha porta de entrada do campo de rugby onde fan a cerimonia. O ano pasado estiven de acomodador e acompanhaba aos pais dende a porta ata as sillas diante do palco. Se non vou de vontario non podo entrar que esta mui restrinxida a entrada e so hai profesores e familiares dos alumnos. Espero que non faga muita calor e que todo saia ben.

E manha falarei disto todo.

2 Comments:

At 3:27 PM, Anonymous Anonymous said...

O certo e q non tendes tempo pa aburrirbos,dias atras dixeras q contarias cousas das q poƱen os alumnos d Ana nos exames pa q riramos un pouco pero creo q se che esqueceu ,se non o fas xa sabes q non pasa nada,a ver q tal os foi hoxe na graduacion...
Dalle saudos a Ana.
Perdoa se non scribo ben en galego.

 
At 6:34 PM, Blogger acedre said...

Ola.
Temos o mesmo tempo que os demais e parece todo divertido pero e todo normal...Sera que o conto de forma divertida...non sei.
Non esquecin o dos exames. Estouno deixando para mais adiante.
Escribes ben en galego e tes boa ortografia, he, he.
Manda saudos polo Corpore e pronto estamos ai.
Chaucinho.

 

Post a Comment

<< Home