Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Celebracions raras americanas

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Monday, June 06, 2005

Celebracions raras americanas

Hoxe si que fixo calor.
No choio todo ben anque hoxe traballei que me tocou encher caixas de champus. Ana practicamente rematou de arrombar todo na aula e encher formularios. Cris e Tonho chamaron de Washington que ian coller o avion para San Francisco e preguntaron se topamos outra casa pero ou non contestan nos telefonos ou non nos gusta a casa e quedaremos aqui de momento.

Agora e noite e andan os lucecus a centos. Onte tiven un na minha palma. Poderanse meter nun bote para alumar as noites negras?. Tenhoo visto nalgun conto e nalgunha pelicula pero non sei se sera factible.

E fozando por ai topei celebracions curiosas americanas como o dia da sogra, o dia do xefe, o dia da secretaria e outros especiais coma o dia da marmota que coincide coa nosa Candeloria no dous de febreiro e o dia da Kwanza, unha celebracion afroamericana no Nadal.

Manha conto algo mais dende o outro ordenador que Ana ten que entregar este na Oficina Central. Mecachis na mar!.

1 Comments:

At 5:07 PM, Anonymous Anonymous said...

Eu non sei se é de importación ou é algo propio, pero en Brasil tampouco faltan as conmemoracións estrañas... so hai que botarlle unha ollada a calquera web de postais virtuais:

http://www.emotioncard.com.br/newsite/usuario/home.php

O mais curioso é que alí o dia dos namorados é o dia 12 de xuño e sen embargo o 14 de febreiro non. A min non me parece mal iso de celebralo 2 dias ao ano :P

 

Post a Comment

<< Home