Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Despedida ata a proxima.

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Sunday, June 12, 2005

Despedida ata a proxima.

Hoxe e o ultimo dia. E domingo con neboa borrallenta e escribo antes de recoller o portatil.
So dicir que esta experiencia foi bonita e fixen amistades na rede. Gracias aos que escribiron comentarios e aos que me enlazaron nos seus blogs. Tamen gracias aos que perderon tempo lendo estas notas que espero que lles aproveitara para algo.
Volvemos para Galicia e vai ser dificil escribir no blog, asi que non prometo nada. A mediados de agosto vimos de volta a Warrenton NC e procurarei coller o ritmo do blog.
So me queda despedirme dos blogueiros e saudar a familia e amigos que vou visitar.
E aproveito para mandar unha ligazon a unha nota do 18 de maio contra o racismo baseada nun caso real e que e ben simpatica.
Tamen mando unha ligazon a caricaturas de Castelao.

E iso e todo. Ata un futuro que espero non lonxano. Saude e sorte.

3 Comments:

At 8:30 AM, Anonymous Anonymous said...

Esto das bitácoras sempre empeza ben en con gañas, pero despois é difícil manter un certo ritmo (os que máis fácil o teñen son os que teñen ordenadores no traballo) e da moita pena acabar.
Espero que só sexa un "ata logo" ;)

 
At 3:02 PM, Anonymous Anonymous said...

Boa viaxe, agardarémoste. Pásao ben por aquí... e chegades para botalos ;-)

 
At 1:44 PM, Anonymous Anonymous said...

Que teñas unha boa viaxe e o pases ben na terra prometida, arestora todo son promesas..se chegas antes do 19 de xuño, tes a oportunidade de escoller os que ti coides que son menos mentireiros. Dos carteis non te fies..están feitos por xente que cobra por facelos..
Unha aperta

 

Post a Comment

<< Home