Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Elexia a Pearline

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Friday, June 03, 2005

Elexia a Pearline

Hoxe o dia estivo chuvinhento e triston como escenificando a traxedia.
Estaba eu traballando todo normal na linha 2805 cando Charles, o operator en practicas, parou a cinta. Susan, a indonesia, saltou a ver porque parabamos. Oimos berros e sentimos movementos da xente da linha e fomos cara ala. As mulleres estaban alteradas, chorando, acenando e ningunha a traballar. Preguntamos e dixeronnos que Pearline acababa de morrer. Eu non o tinha claro. Morreralle unha irma unhas semanas atras pero ela... Estivera onte traballando na linha na etiquetadora e estaba sa coma unha maza e andaba a xogar con Wexley e Tim e ameazandoos co punho con eses acenos machorros que ten ela...
Pois si, chamou a manha dicindo que non vinha traballar que lle doia a cabeza. Suponho que lle daria un derrame ou algo asi.
O caso e que quedamos desfeitos e derrotados. A senhora da gadanha volveu aparecer por onde menos se pensaba e nese momento lembrei aos meus mortos conhecidos e non puiden evitar un arrepio e a rabia esa de non poder facer nada ante esas desaparicions tan sorpresivas e inxustas na maioria dos casos. Suponho que a todo o mundo lle pasa iso. Non sei.
Logo apareceu por ali Denis Clayborne, o responsable da area, e dixonos que fosemos toda a area a sala de xuntas. Ali falaron el e dous mais. Eloxiaron a Pearline que ten ben merecido os eloxios porque era puntual, traballadora e gustaballe a xogueta. A xente toda ou choraba ou tinha os ollos a punto de estoupar porque a reunion foi mui emotiva cos sentimentos a flor de pel. Preguntaron se alguen queria falar de Pearline pero todos tinhan un no na gorxa e so falou un para eloxiala e lembrar o leda que era. Despois houbo uns minutos de oracion e todos pecharon os ollos e besbillaron as suas preces. E ao rematar dixeron que se alguen queria marchar para casa que o fixese sen problema ningun. Todos calaron e so Rosi, a arxentina, foi para casa que a pobre estaba desfeita.
E o resto da xente seguimos adiante, primeiro todos calados e logo empezando a lembrar os bos momentos con Pearline que inevitablemente todos tivemos.
A min quedame a sua imaxe rindo ou perseguindo a Wexley co punho ameazador e a lembranza de que me chamaba Pidro co seu acento tan pechado.
Non cheguei a conhecela muito pero si dabondo para que a sua morte se me clavase como unha espinha mais nesta vida de rosas e espinhas que a todos nos toca vivir.

0 Comments:

Post a Comment

<< Home