Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Luns en Arbo

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Monday, June 27, 2005

Luns en Arbo

Do domingo esquecín comentar que xantamos bocatas do Umia en Marín. Eu luras e Ana pulpo. Estes bocatas son unha maravilla de sabor e de prezo. Recomendo a calquera que colla bocadillos no Bar Umia xusto na fronte da porta da Escola Militar de Marín.
A mañá do luns adiqueina a Internet na biblio. Ana foi á pelu coa nai.
Á tarde fomos a Arbo a visitar os avós de Ana. Ceamos sardiñas á sombra do canastro que quere tirar a miña sogra. O canastro é de tixolos e cemento e quere facer un de pedra portuguesa na horta así que non me dá mágoa a perda deste canastro de materiais modernos. Fixemos fotos por alí da horta para mostrar nos EEUU.
A avoa Celia explicoume como fai coas pitas que llas trae o piteiro e custan 4,75 eiros ( como di ela ). Despóis engórdaas na hortiña para que dean ovos e carne.

3 Comments:

At 3:55 PM, Blogger hojasdehierba said...

Qué ben que voltou ao blog...!
Levaba uns días sen mirar porque xa case perdera a esperanza.
Unha aperta :).
P.D.: Teño vivido en varios lugares... O Porriño é un deles, ainda que foi moi pouco tempo :)

 
At 11:35 PM, Blogger Roberto Iza Valdés said...

This comment has been removed by a blog administrator.

 
At 10:06 PM, Anonymous Anonymous said...

www.fruitavida.biz the one true health drink from the Amazon that is full of nature's natural benefits.

 

Post a Comment

<< Home