Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Pifias variadas (agora que ven a Selectividade)

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Wednesday, June 08, 2005

Pifias variadas (agora que ven a Selectividade)

Agora e noite e cantan os grilos, as ras e as carricantas.
O dia estivo quente e ameazaba treboada pero quedou en nada. Menos mal, porque a de onte foi esaxerada.
Hai tempo comentei que ia falar de pifias dos alumnos de Ana pero non pode ser porque Ana xa non ten os exercicios eses. Lembro alguns graciosos que eran de relacions familiares e, por exemplo, preguntaba que era a irma da tua nai para ti e respondian: o meu avo; e asi muitas mais. Outra vez mandou dibuxar un mapa do mundo e non sabian. Debuxaban os EEUU de mala maneira, Mexico debaixo e sabiase que era porque punhan o nome, logo unha illa enorme que era Puerto Rico e o resto das illas que son mais grandes desaparecian por arte de maxia. A pregunta de cal era a capital dos EEUU dician Raleigh ou Nova York ou San Francisco ( menos mal que non punhan Warrenton)...O que xa era un misterio era o resto do mundo que debuxaban un borranchon e ala metian o resto do mundo...E non e de extranhar porque non estudian xeografia.
Nas matematicas non andan mui espabilados que para dividir 500 entre 10 tenhen que usar a calculadora.
E asi poderia encher libros de exemplos.
Todo e gracias a Bush e a sua politica " Not child left behind "( Ningun neno deixado atras ), que consiste en baixar o nivel de tal maneira que con escribir ben o teu nome e pouco mais xa aprobas.
Aqui deixo ligazons a pifias que topei de Euskalherria, Andalucia e Brasil para disfrute xeral.

A foto que puxen e do Colin xogando cunha luva de traballo de Revlon. Encantalle menealo ata rebentalo e despois ponse a rillar os restos. Demosllo de premio despois de metelo na gaiola que o estamos acostumando para a volta a casa e hoxe ceou dentro da gaiola para que a asocie con algo bo.
E isto e todo por hoxe

2 Comments:

At 4:43 AM, Anonymous Anonymous said...

graciñas polo comentario, o link e as visitas. Unha aperta e boa estadía por aí adiante.

 
At 2:07 PM, Blogger acedre said...

Nin se che ocorra darme as gracias.
O teu blog e unha caixa de sorpresas e de boa arte.
Saudos.

 

Post a Comment

<< Home