Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Viaxe ata a terriña

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Saturday, June 18, 2005

Viaxe ata a terriña

Ola, aquí estou nun cíber do Porriño.

O Porriño está cambiado. Aquí e alá medran edificios sen orde nin concerto.

Hoxe é xornada de reflexión e non andan dando a tabarra estes dos megáfonos.

Vou contar un pouco da viaxe.

De Raleigh a New York foi ben. Contar que os baños están automatizados cen por cen e sae auga da billa sen tocala, xabón de mans e o papel de secar as mans. So hai que pór debaixo e a maquiniña cuspe o papel necesario.

As medidas de seguridade non deixan pasar nin chisqueiros nin mistos no avión e hai que facer as colas de sempre, descalzándose e pondo todo nas bandeixas. Pasas polo arco e recolles todo noutro lado.

En New York había un novato facturando e o Colín foi de gratis. Foron cartiños que aforramos que non contabamos co eles. O Colín estaba dopado no aeroporto e era a admiración dos traballadores do mostrador.

O avión saiu un pouco tarde pero non importaba muito.

Chegamos a London ben. O de Heathrow é un aeroporto todo enmoquetado e non podes saír dalí que tés portas de cristal vixiadas . Sentinme coma nunha cárcere.

O avión a Madrid foi ben. En Madrid faltounos unha maleta. Durmimos por aí tirados. E o noso avión a Vigo saiu tarde. Tivemos un bo final de viaxe que fomos en primeiro e probei xamón despois de tanto tempo, logo durmín con sono atrasado.

Chegamos a Vigo pero faltaba o Colín. Ana pasouno mal esperando polo raio do can mentres eu saín e saudei á miña familia e á de Ana que estaban todos ben e pouco cambiados. Bueno, meu pai afeitou o bigote.

E o Colín apareceu no seguinte avión e tivemos sorte.

Pois así foi a viaxe. A ver se outro día conto cousas que nos pasen e subo fotos.

Chau.


0 Comments:

Post a Comment

<< Home