Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Sabado de viaxe a Madrid.

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Thursday, July 28, 2005

Sabado de viaxe a Madrid.

Erguemonos a iso das oito e as nove e media xa estabamos en rota. Enchemos o deposito na Caniza, tomamos un cafe na Gudinha e xantamos uns bocatas en Tordesillas, nun bar que ten posters de Cangas e o Morrazo.
En Galicia estaba algo anubado e no resto xa fixo calor ata chegar ao inferno de Madrid. Suponho que muitos de vos xa fixestes este caminho en coche pero a min non deixa de gustarme pola variedade que hai. O caminho ten poboacions bonitas e de exemplo esta Puebla de Sanabria e hai outras mais pero normalmente non se pode parar en todas.
Outra cousa que me fascina son as diferentes contrucions coma as adegas por terras zamoranas que parecen casas de Teletubbies ou de indios dalgunhas zonas dos EEUU. Tamen tenhen o seu aquel os castelos coma o de Arevalo, os pombeiros e ruinas curiosas espalladas aqui e ala.
E logo estan as paisaxes que cambian a medida que se avance: primeiro os montes queimados ou non das provincias de Pontevedra e Ourense cos virandelos nos altos aproveitando o vento para facer electricidade e darlle uns cartinhos as comunidades de montes. Logo venhen os bosques baixos de pino manso e xestas por Zamora . E de ai pasamos as terras chas con campos de trigo recollido, millo regado por esas regadeiras inmensas con rodas, “virasoles” seguindo o percurso do sol e videiras a rentes do chan por Valladolid. E rematamos cos penedos ciscados pola provincia de Segovia subindo a serra que a separa de Madrid.
En cuestion de animais estan as cigonhas nos campanarios das vilas castelas ou nas torretas da luz en Benavente ( Buena tierra, mala gente- di o refran ) e os minhatos e aguias surcando o ceo na busca de comida...
E conducindo e admirando o caminho chegamos a Carabanchel. Maria e Mon mostraronnos o seu piso e fomos ao centro comercial Parquesur e Maria e Mon mercaronlle a Ana “ La sombra del viento” e a Cris o ultimo de Harry Potter.
Logo fomos cear a unha trattoria en Aluches e para cama a sufrir coa calor.

0 Comments:

Post a Comment

<< Home