Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Semana de San Pedro

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Friday, July 01, 2005

Semana de San Pedro

Do luns dicir que fun a Matutano a visitar os antigos compañeiros de traballo e están máis ou menos igual: estresados e nunca contentos coas vendas. Ana aproveitou para ir ó Alcampo e mercar pinturas e máis cousas. Á noitiña fomos ó ximnasio e estivemos con Chelo e a xente do ximnasio: Toni, Manuel, Enrique, Carlos e Marita.

Martes choveu todo o día. Fomos cambiar a pintura e logo fomos ó Verbum, en Vigo; que había unha exposición de edicións do Quixote con traduccións en ruso, chinés, latín e outras máis "normaliñas". Tamén había posters de películas e emitían películas sen descanso. Outra cousa que había eran cadros e esculturas e o que me gustou foi o cadro de Urbano Lugrís. Non había xente e iso que é de balde. Esas cousas sempre me abraian, aquí a xente non ten preocupación pola cultura nin gratis. Que se lle vai facer...
Logo volvemos a casa e estivemos pintando o saído da cociña e entroume unha farangulla de Nanas nun ollo que só se me ocorre a min lixar o teito con Nanas. Ana sacouma e quedei co ollo resentido uns días.

Mércores de San Pedro. Fomos xantar cos meus pais , meus irmáns e o meu cuñado Nando.
Houbo langostinos cocidos e á prancha, unha ensalada de peixe sapo que estaba boa e pescada rebozada e bistés empanados. Houbo torta de sobremesa e champán e todo. Marchamos pronto que fomos a Vigo. Fomos coa miña cuñada Marga a levar a David a un cumpreanos que agora fannos en ludotecas ...¡manda carallo!. Logo fomos cheirar escaparates e tendas chinesas de roupa. Máis tarde levou Marga a María á ludoteca esa e nós marchamos. Fomos a La Casa del Libro a trocar o do meu pai e logo para casiña.
Á noite chamou a miña prima Bea de Menorca e ó mediodía chamara a miña tía Mª José de Fuerteventura.

Xoves 30.
A mañá fomos cambiar o pantalón pirata que me agasallara miña irmá por un bañador. Fomos polo veterinario que o Colín segue mal dos bechiños . Eu empecei a sentirme mal e hoxe venres teño mormeira.

Venres 1. Hoxe chegarán Cris e Toño.
Chau, non teño máis tempo.

0 Comments:

Post a Comment

<< Home