Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Adaptacion ao horario

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Friday, August 19, 2005

Adaptacion ao horario


Estes dias son de adaptacion: adaptacion ao horario, ao clima, a comida, etc. e imos indo. Ana xa empezou onte na escola (sen rapaces ainda) e eu ainda non empecei en Revlon. Chamei a Staffmark onte e hoxe e dixeronme que "esta la cosa lenta". A ver se para a semana...
Onte levamos o Nissan Altima a cambiarlle o aceite e o pobre ten a pintura queimada do sol. Fomos polo ximnasio e dixeron que podiamos empezar cando quixeramos.
E hoxe venres fixen fotos a un colibri que anda por aqui cerca pero e mui pequeno e non se aprecia muito na foto. O colibri mide cinco centimetros e e o unico paxaro que voa marcha atras. A min pareceme un moscardon mais ca un paxaro.
Despois chegaron os de Time Warner Cable e instalaron internet e TV e xa estamos comunicados outra vez e aparte Ana foi pedir o portatil a Oficina Central e deronlle o mesmo que o do curso anterior asi que hai ordenadores bastantes na casa.
E aqui estou: tecoleando mentres non venhen as mozas do choio.
Agora xa podo dicir: manha habera mais.....

3 Comments:

At 4:37 PM, Blogger hojasdehierba said...

¿Instalanche o ADSL e o cable ao día seguinte de chegar? :O
Non sei se aledarme de que marchases aos USA... en calquera caso, que che vai moi ben. E que nolo contes :)
Saúdos.

 
At 5:49 AM, Blogger acedre said...

Non foi tal. A outra parella coa que vivimos:Cris e Tonho, chegou unha semana antes e solicitaron a instalacion. O instalador tardou iso: unha semana.
Saudos.

 
At 7:33 AM, Blogger hojasdehierba said...

Menos mal... estaba a pensar que somos moi terceiromundistas ;-)))
Saúdos.

 

Post a Comment

<< Home