Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: A calma e a tempestade.

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Tuesday, August 30, 2005

A calma e a tempestade.

Mentres aqui estamos en calma e o xardineiro sega o noso cespede nun "Toro" e apenas sopla unha airexinha; en Nova Orleans e o caminho que seguiu o furacan, pintan bastos.

Nova Orleans esta alagada nun 90%. Hai xente nos teitos das casas, Deus sabe cantos mortos. Non hai auga, electricidade, gas nin telefono. Polas ruas vese xente saqueando: saqueos onde vai a xente con carrinho de compra e todo...pero a hora de pagar que pague Santa Rita. Eu comprendo estes saqueos anque non os aprobe. A xente que quedou ali seguro que perdeu a casa, o coche e o mais seguro que o emprego. As mercadorias seguro que son declaradas perdas polo furacan e estan aseguradas...que ten de malo que aforren uns cartos desa maneira ?. O pior e que andan a tiros entre eles ou cos donos (non hai que esquecer que o nivel de criminalidade de Nova Orleans e bastante alto).
A policia decrarou toque de queda pero non pode patrullar por muitas zonas e o caos e evidente.

O que si me fastidia e o que din na CNN. A manha dician que o furacan era " o noso tsunami " e agora a tardinha xa rizan o rizo dicindo que e un novo Hiroshima...Come on !!!.Ferveme o sangue cando din iso cando non hai comparanza nin de lonxe; nin nos motivos da catastrofe, nin a magnitude. Estes americans queren ser o numero un en todo ata en victimismo.

Outros que me enchen son os economistas calculando os pozos petroliferos que pecharon ou facendo numeros dos cartos que perde o goberno en impostos polos casinos que destruiu o furacan.Por non falar das aseguradoras que afrontan a maior catastrofe natural na historia dos EEUU e xa lle tremelican as pernas pensando no desembulso de cartos.

Non sei que opinara a estatua de Ignatius J. Reilly que a estas horas debe de ter auga polas canelas pero para min, o pior e a xente que morre ou sofre ou que perde as suas posesions e traballo e tamen os muitos animais domesticos ou non que acabaron mal. Iso si, os golfinhos do acuario que practicamente desapareceu do mapa estan como reis nunha piscina dun hotel...

E non sigo que seguro que estades mais informados.

Manha e outro dia, non e?.

5 Comments:

At 6:58 AM, Anonymous Anonymous said...

Q quieres q t diga q tu ya no sepas ay a quien le va ir d victima y las verdaderas victimas al final,son las q menos se qjan,la verdad,yo no e visto el telediario,xq acabo d yegar pero me a comentado mi madre q la gente q sta en las casas inundadas no quiere salir x los cocodrilos,q como en esos rios abundan aora andan x ai a sus anxas,speremos q todo se solucione rapido y d la mejor manera posible " para los q aun pueden solucionar algo".
Saludos pa todos y...........cuidado con las serpientes tu vecina grito,pero yo creo q me daria un infarto.
Bsñs.

 
At 9:54 AM, Blogger Kiko Novoa said...

Que forte o da CNN... Saúde!

 
At 3:20 PM, Blogger acedre said...

A catastrofe de Nova Orleans, Biloxi, Gulfport e demais zonas segue ai. Hai milleiros de refuxiados, seguen os problemas de abastecemento e de saqueos e ainda non saben os mortos que hai.
De verdade que o tenhen dificil e vai ser un problema con dificil solucion.
Esperemos que se solucione da millor forma posible.
En canto aos da CNN hai que pensar que buscan espectaculo e dramatismo e non hai que facerlles muito caso. So mirando os reporteiros facendo o paripe no medio da treboada que cain e todo, xa un se decata do que hai: pura pelicula.
Saudos a Kiko e familia e bicos para Chelin.

 
At 10:16 AM, Anonymous Anonymous said...

a verdá, e triste. as compañías médicas xa poñen peros, ´moito homelles, claro, ises q non contaban...
a CNN dí barbaridades, pero algúns en espña tamén, os negros de N.O non teñen a culpa de ter o presidente que teñen.
tes razón q o comparar con hiroshima, é forte. No si o huracán será o enola gay de algún presidente latinoamericano, tan capaces de decilo.
saludos .

 
At 6:38 PM, Anonymous Anonymous said...

Os das noticias som sempre assim... aqui tambem: se fossem chineses e nom americanos seguro que nom saiam mais de 5 minutos no telejornal.
Agora que isso de compara-lo com Hiroshima... logo começaram a falar de extinçom da especie.

Bom, espero que melhore a situaçom.

 

Post a Comment

<< Home