Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Domingo de inferno

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Sunday, August 21, 2005

Domingo de inferno

Hoxe fixo unha calor de forno. Pola manha saquei un faro dianteiro que non funcionaba e enchoupeime de suor entre a calor e o revirado que e de sacar.
Despois de xantar fomos a piscina do YMCA en Henderson que apetecia un monton. Na recepcion estaba o indio cabreado das fins de semana que sorri as mulleres e a min botame unhas olladas que se me cai a cabellera a plomo.
Estaba Adan, o socorrista mexicano e contoume que foi a Miami unha semana cos amigos e que se banharon de noite; unha proeza neste pais onde esta case todo proibido. A min preguntoume se fun a misa e se me lembrei del.
A auga da piscina estaba quente pero estivo ben. Cris viu conosco e nadou toda feliz. Logo fomos polo Walmart e a casa que na rua non se pode estar (nin paxaros nin mosquitos asoman os fucinhos). Cando baixou o sol puiden colocar a bombilla do faro e o coche xa non anda chosco.
E agora estou coa internete a voltas, lendo blogs, consultando a Galicia maxica e fuchicando en Google Earth.

2 Comments:

At 8:30 AM, Blogger Kiko Novoa said...

Ola!!! Moita saúde dende o Norte do Norte, onde o aire dá a volta. (Tou impresionado: unha conexión galego-sueca-estadounidense en plan Cesid!!!) Paz e amor!

 
At 11:26 AM, Anonymous Anonymous said...

Dende a terriña saúdate un galego que pasa 9 meses de cada 12 en Catalunya. Como ves andamos tod@s repartid@s...
Ten que ser un sitio curioso, os EEUU.
Que o pases moi ben!

 

Post a Comment

<< Home