Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Martes nos avions

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Friday, August 19, 2005

Martes nos avions


Minha irma, meus sogros e meu pai vinheron despedirnos a Peinador. Minha sogra estaba pensativa e xa empezaba a choromicar cando nos despedimos deles. Dende o avion tiramos esta foto da enseada de Cesantes que queriamos fotografar a ponte de Rande cuberta pola boira.
A viaxe a Madrid foi ben. O malo foi no aeroporto de Madrid que non nos daban traido as maletas e Ana tivo que ir a outra terminal para facturar mentres eu esperaba polas maletas. Por sorte apareceron dali a un pouco de quedar eu so.
Na facturacion de US Airways habia muita cola coma sempre e estaban facendo as tipicas preguntas chorras de se levamos obxectos punzantes ou se alguen nos deu algun paquete sospeitoso, etc. O caso e que saimos ben e chegamos a Filadelfia nunha patada.
En Filadelfia chovia bastante. En Inmigracion tivemos que facer cola coma sempre pero non houbo maior problema. Collemos a Colin e logo tivemos que pasar por agricultura e tampouco houbo problema. Logo buscamos os coches de aluguer e habia autobuses pequenos das distintas companhias e montamos no de Thrifty que pensamos que polo nome non habia de ser cara (significa economico). Sabiamos que Hertz era cara e Alamo estaba ben pero non daba pasado o autobus ese e montamos no de Thrifty. E ao final saiunos o coche bastante caro porque non o devolviamos onde o collemos pero xa non habia mais remedio e non estabamos para buscar mais companhias.
Collemos o coche (un Dodge Neon vermello mui xeitoso que lle gustaba a Ana) e tiramos pola I-95 sentido sur. O primeiro que nos abraiu foi o prezo da gasolina. En xunho andaba polos dous dolares o galon e agora esta a 2.65 DOLARES POR GALON. Ou sexa, unha animalada.
Pensabamos que ese era o prezo en Filadelfia e que en Carolina ia cambiar a cousa pero nanai.
E a viaxe en coche fixose como se puido. Paramos a tomar cafe un par de veces e a botar gasolina e antes de Richmond puxose Ana ao volante que eu non podia mais. Na seguinte parada conducin eu ata Warrenton onde apenas chuviscaba despois dunha viaxe de noite con muita chuvia que aqui anoitece antes que en Galicia.
Cris e Tonho estaban despertos ainda e estivemos un rato de chachara contando as novidades e logo fomos para cama.

3 Comments:

At 6:04 AM, Blogger acedre said...

Ola, colegas!
Falan da suba da gasofa pola maneira en que sube. No 2003 topabas regular a 1,30 dolares e agora esta ao dobre de prezo !. Chegan a facer isto en Europa e a xente monta unha folga de manda collons.
Mui bo o teu blog e a ver se consegues eses obxectivos.

 
At 7:21 AM, Blogger acedre said...

Non teras un traballo que che coma tanto tempo, non?.
Se vas botar unha boa tempada nesta "Gaiola de ouro" seguro que podes. De todalas maneiras o de deitarse cunha amish soa ben e tes que esforzarte en conseguilo.
Sorte e saude.

 
At 3:18 PM, Blogger acedre said...

Pois nada. Non e que che quede muito tempo pero algo conseguiras.
O dia de Accion de Gracias e mui familiar e tranquilo asi que estas aviado se non consegues unha familia coa que pasar o dia.

 

Post a Comment

<< Home