Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Nova Orleans en perigo !

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Sunday, August 28, 2005

Nova Orleans en perigo !




O furacan Katrina esta a coller forza e esta a nivel 5, o maximo. A policia obriga a evacuar Nova Orleans que esta no caminho do furacan e hai caravanas de coches nas saidas da cidade e todolos carris estan habilitados para sair da cidade.

Non sei como acabara a cousa pero dame magoa porque e unha cidade que visitamos no Nadal do 2003 e que lle collemos un pouco de carinho.
Esta cidade e unha mistura de culturas e xentes que a fai mui distinta da tipica cidade americana. En Nova Orleans hai arquitectura tipo francesa e espanhola (estamos os catro diante da catedral de S. Luis). Aqui hai cemiterios con nichos e con anxos nas cupulas, cousa incrible nos EEUU que soterran os seus defuntos baixo terra mesmo nas cidades e non fan nichos. Aqui tamen hai Mardi Gras, o noso entroido; tamen outra celebracion fora das mentes americanas comuns que so tenhen o Halloween que non deixa de ser unha cousa para nenos. Logo hai as historias de vudu traidas por esclavos que evolucionaron en historias de vampiros. Tamen Nova Orleans e a cidade de Ignatius Reilly da novela "A conxura dos necios" que recomendo ler e que eu vin representada en Salceda de Caselas polo grupo Sarabela (Ana mais eu estamos con Ignatius na foto)...

En fin, unha cidade fora do comun: con vida nocturna, cun bairro gai onde impera a bandeira do arco da vella e estan proibidas facer fotos pola rua. Unha cidade con bares que tenhen maquinas de tabaco e tragaperras (cousa impensable en North Carolina). Unha cidade onde se pode comer marisco e admirar obxectos da pelicula Forrest Gump e unha cidade onde hai musicos de jazz pola rua...

E logo esta todo o delta do Mississippi cos seus "bayous" ou canles entre zonas de gandara e onde viven os ultimos cajuns, xente que fala frances e que acabou aqui fuxindo de Acadia, en Canada, porque non querian estar baixo o mandato ingles...

O que dicia, seria unha verdadeira magoa que o furacan levara todo isto por diante.

Manha veremos como acaba o asunto.

4 Comments:

At 4:35 PM, Anonymous Anonymous said...

Xa vexo que andas de novo polos eeuu. Espero que as cousas che vaian ben. Tamén teño esperanza de que o de New Orleans non sexa tan malo como se pensa.
Unha aperta

 
At 5:06 PM, Blogger acedre said...

Ola, Pepe.
Eu espero que todo quede en nada.
Menos mal que o furacan non ten previsto pasar por Houston.
Unha aperta virtual e saudos.

 
At 7:00 AM, Anonymous Anonymous said...

Ola otra vez,gracias x molestart en preguntar lo d los zapatos,la verdad ay teorias pa todos los gustos,q tal el tiempo?Spero q mejore,aunq el telediario no deja muxo q desear.
Spero q steis todos bien.Bsñs y saludos.

 
At 8:15 AM, Blogger acedre said...

Ola, Chelin.
Non foi molestia. So tiven que preguntar a Google pos "shoes" e "wires" e xa me puxo en conhecemento.
Por aqui o tempo esta bo, con demasiada calor e ata manha non vai empiorar pero non estamos no caminho de Katrina.
Saudos e bicos.

 

Post a Comment

<< Home