Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Paseo por Smithfield

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Saturday, August 27, 2005

Paseo por Smithfield


O tempo non estaba nada definido asi que decidimos ir a Smithfield. Paramos a xantar no Schlotzsky ou como queira que se escriba ( anda, acertei a primeira ) en Rocky Mount. Neste sitio ponhen sanduiches de calidade. Xa o din eles: Schlotzsky's, nome simpatico, comida seria.
Despois fomos a Smithfield, onde esta enterrada Ava Gardner e demos un paseo por un parque a beira do rio e facia muita calor peganhenta. En Smithfield tamen hai un feixe de tendas a prezos baratos de boas marcas e ai estivemos toda a tarde. Ana e Cris mercaron un vestido vaqueiro para levaren a clase. Despois tomamos un algo nun mexicano: El Sombrero ; e ali preguntounos o camareiro se eramos uruguaios polo sotaque que temos. Non sei se se parecen ou non pero a el parecianselle os sotaques. Despois tocou a volta e paramos en Rocky Mount onde Cris mercou uns zapatos e despois tiramos para casa. E aqui estamos.
Manha pode ser que escriba algo.

4 Comments:

At 4:43 AM, Anonymous Anonymous said...

Ola,me alegra q al final pudierais salir a dar una vuelta,a ver si oy teneis + suerte y os acompaña + el tiempo.
Bueno ,spero q t aparezca pronto trabajo,por cierto,ste año no sta el marido de vuestra amiga?
A cuidarse q ace buena falta.
Bsñs + abrzs.

 
At 4:45 AM, Anonymous Anonymous said...

Ay,q se me olvidaba,muy curioso lo d los zapatos,a ver si t enteras bien d si exist algun motivo en concreto y ya me diras.
Bueno ,lo dixo muxos bsñs.

 
At 7:23 AM, Blogger acedre said...

Ola, "anonima".
Tonho si que esta. Tinha previsto ir a un zoo de Nova Orleans pero a ultima hora dixeronlle que non.
Agora esta buscando onde ocupar esta tempada e o outro dia foi a un centro de recuperacion de mamiferos a case duas horas de Warrenton. E agora esta pendiente de que o chamen.
Con respecto ao conto dos zapatos tenho a mosca detras das orellas. Creo que hai unha explicacion e a ver se a dou topado.
Hoxe o tempo e bo pero iso implica quedar na casa que fora non se para coa calor. No seguinte capitulo xa contarei o que fixemos.
Saudos e bicos.

 
At 9:10 AM, Blogger acedre said...

Ola, "anonima".
Fixen unhas pesquisas pola interrede adiante sobre o tema dos zapatos pendurados de cables e as conclusions non estan nada claras.
Resulta que o tema e unha lenda urbana que esta extendida por todos os EEUU e, sobre o motivo, non hai unha idea clara. Hai varias teorias. A mais extendida di que asi pode marcarse os limites dunha banda de delincuentes (esta e a teoria mais extendida). Despois o matiz varia e din que significa que nesa zona vive un traficante... ou que e unha homenaxe da banda a un membro que morreu...E asi hai varias variacions.
Logo ven a teoria de que e o calzado dun rapaz que acabou o instituto e ,pendurando o calzado, dille adeus a esa etapa.
Outra teoria ten que ver coa perda da virxinidade ou a da ultima noite de solteiro que os amigos do noivo emborrachano e ten que dicir un trabalinguas e se non e capaz penduranlle os zapatos e pasa todo o dia descalzo ou espido se os amigos son ruins.

Pois iso, escolle ti o motivo que queiras anque a min gustame mais o da noite de noivos, nonsi?.
Saudos.

 

Post a Comment

<< Home