Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Visita a Rubios

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Tuesday, August 09, 2005

Visita a Rubios

A manha do luns adicamola a recados por aqui e acola: veterinario, optico e biblioteca.
A tarde fomos ao dentista a facer unha limpeza que non me gusta nadinha pero e o que hai.
Despois do dentista fomos Ana mais eu coa sua nai, Marga, David e Maria a Rubios a visitar os primos de Ana, a avoa paterna e a tia Isabelita. A avoa Lola estaba coma sempre e os primos grandes. O Angelito e un namorado dos cans e ten un pequeno que o acirraba contra o David que chiaba coma porco no San Martinho. O Jose esta feito un moceton cos seus dezaseis anos e segue traste que o dia anterior envorcou co chimpin sen mais trascendencia que unha rabunhadura nun brazo e un cabreo da nai. A Vanessa tamen esta mui medrada e agora traballa nunha perruqueria de Ponteareas toda a semana.
Isabelita puxo cousas para picar e eu piquei pan con tetilla e chourizo con vinho tinto que xa me queda pouco para disfrutar. A Maria lambeu as galletas de chocolate, o Angel comia fuet por presadas e as mulleres falaron de dietas e fillos. Na volta David chamoulle charlatana a avoa Marga e Maria queria ir a "los uniros" con nos para buscar un globo que lle escapou o ano pasado. Resulta que nunha ocasion escapoulle un globo e dixolle a nai que o globo agora estaba nos Estados Unidos e que llo iamos levar nos para Galicia cando voltasemos e agora esta a nena coa leria do globo e "los uniros"(Estados Unidos).
En fin, cousas de nenos.

0 Comments:

Post a Comment

<< Home