Andrew Mack: fillo adoptivo da Corunha
Seguindo coa toponimia galega nos EEUU topei cun caso interesantisimo que da para unha novela.
Resulta que topei unha Corunna en Michigan, EEUU; e consultei a paxina e descubrin que o nome desta vila puxoo un tal Andrew Mack que fundou esa vila e colleu o nome porque trouxo unhas ovellas da Corunha. A min este punto pareceme un pouco tonto e prefiro pensar que tivo un amor imposible na Corunha ou que lle encantou a cidade. A ninguen se lle ocorre bautizar unha poboacion co nome da localidade de orixe dunhas ovellas por mui boas que sexan !.
E o asunto non remata ai senon que o tal Andrew Mack marchou de Corunna e deu por morrer en...
Corunna, Ontario, Canada.
Neste caso a cidade foi fundada co ese nome por un ingles que loitou na batalla de Elvinha.
E ainda hai mais: esta cidade canadiana ia ser capital do Canada pero que non chegou a selo pola proximidade cos EEUU e o perigo que corria con iso.
Que cousas ten a historia: polo rabo dunha cereixa non chega Corunna a ser capital do Canada !.
E por todo isto pido no meu nome que Andrew Mack sexa decrarado fillo adoptivo da Corunha; un home que por algunha razon misteriosa fundou unha vila co ese nome e que por destinos ineludibles foi morrer nunha cidade do mesmo nome ben merece ese reconhecemento.
E ti que opinas ?.
12 Comments:
Pero de onde raio sacas esas informacións? Dende logo é cando menos intrigante a historia. Pero o máis interesante é saber se ten parte de verdade
unha historia mui interesante, casi unha peli. eu tampouco creo que lle puxese o nome á cidade polas ovellas, aínda que pode ser que tivera unha estreita relación con elas...prefiro pensar que lle gustou a cidade ou algo así.
parabéns, mui divertida a sección de curiosidades toponímicas ;)
Pois topeina de casualidade. Topei a paxina placenames.com e ai ten un buscador para nomes de sitios nos EEUU. Empecei polas cidades grandes e logo pasei as vilas pero xa non habia.
Dicir que non hai Ourense (nin Orense), que hai un Lugo pequeno en Alabama e un Ferrol en Virxinia.
Hai Marin en California pero o nome ven dun xefe indio.
Pontevedra topeino na forma separada Ponte Vedra e esta en Florida e e zona turistica de praia e foi fundada por espanhois cando fundaron San Agustin, a cidade mais antiga dos EEUU.
Para min o conto das ovellas foi unha excusa. Ai ten que haber algo mais pero pareceme a min que levou o segredo po buraco.
Saudos e gracias polos comentarios.
Pois isso... ou mui cutre foi o homem ou suponho q teria outros motivos... bom, ha gente pra todo haha. Eu tambem vou buscar a ver o q encontro...
Muy bonito o conto, pero creo que debe haber algo mais, lo de las ovejas no pega ni con cola.
Biquiños
A min gústame mais a tua versión da historia
Marin en California !que curioso!
os Galegos estamos por todo o mundo
Vaia! Se é que é certo que os galegos somos como Dios: estamos en todas partes.
Eu coincido contigo e con María no de que por moito que amara e idolatrara e aínda rexoubara coas ditas ovellas, como ía poñerlle o nome á cidade??
O que si engado eu é a memorable pouca imaxinación dos conquistadores/fundadores de novas patrias: non hai máis que ver cantas cidades españolas se repiten pola xeografía sudamericana e algo máis arriba.
Orixinais 100%.
Segue investigando...
Unha aperta
Claro que debería ser fillo adoptivo de A Coruña. A historia non só é curiosa, é sorprendente e insólita.
Non sabía desas dúas localidades. Haberá que poñela na lizta con Coruña del Conde en Burgos.
Saúdos.
Pois eu penso que xente con menos méritos ca ese tipo, por máis estreitas relacións que tivese coas ovellas, teñen acadado galóns máis relevantes. De xeito e maneira que me uno á tua petición de adoptividade filial póstuma.
Couldnt agree more with that, very attractive article
Post a Comment
<< Home