Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Aniversarios

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Sunday, September 11, 2005

Aniversarios


Hoxe e o famoso once de setembro que todos conhecen pola caida das torres xemeas de Nova York que foi unha desgraza aqui e en mais paises que se viron e ven afectados polas consecuencias. Tamen e o aniversario da morte de Salvador Allende no Palacio de la Moneda en Chile, informacion que recollin de Bretemas e que pon unha ligazon coas ultimas palabras do presidente chileno para os seus compatriotas e que me deron arrepios so de imaxinar a situacion.
Por outra banda, non sabiamos que facer hoxe. A praia non podiamos ir que facia mal tempo, a facer unha caminhada por aqui tampouco que facia calor abonda asi que tiramos cara Richmond, a capital de Virxinia, que esta a menos de duas horas en coche. Fomos ala e xantamos no restauran Richbrau onde fan cervexa e que nunca a probei tan saborosa. Logo fomos ao museu de Edgar Allan Poe (un dos muitos que hai) e fixonos unha rebaixa na entrada a senhora porque lle cai simpatica a xente espanhola. Deunos unhas fotocopias en espanhol describindo o museu e pediunos que se tinha erros que os corrixiramos e estaba bastante ben, algunha frase mal colocada, alguns cambios de xenero e algunha falta de vocabulario. Nada grave.
O museu esta na casa mais antiga de Richmond e ten unha maqueta da cidade no tempo que viviu Poe nela. Tamen hai manuscritos del, copias de obras suas, retratos, roupa, un baston, un baul, a cama que usaba sendo un neno, un video co poema "O corvo" e demais recordos.
Dali fomos dar un paseo pero non deixaban cans polo Canal Walk asi que fomos a igrexa onde esta enterrada a nai de Poe pero estaba fechada. Quixemos ver o capitolio pero estaba en obras e en vista da mala sorte tiramos para casa cunha paradinha estratexica nun Target e a coller gasolina que xa baixou dos 3 dolares o galon.
E asi foi este dia.
Manha toca volver ao choio e a rotina.
Seguirei contando.

2 Comments:

At 12:24 PM, Anonymous Chelin said...

Ola otra vez,acaban d decir en el telediario q se acercaba a Carolina del Norte un Huracan tipo tormenta tropical,informame un poquito mejor please,gracias.
Cuidaros muxo.

 
At 4:23 PM, Blogger Colazo said...

Boas. Só comentarche que a pesar do que fale(sempre mal) dos USA,é un dos países que máis me atrae coñecer. Teño verdadeira envexa de xente coma ti,Kiko Novoa, ou amigos meus de erasmus ou a piques de. A ver se por estudos ou "traballo-aventura" sigo os pasos do meu pai nos seus tempos.
Saúdos

 

Post a Comment

<< Home