Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Chapel Hill

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Sunday, September 18, 2005

Chapel Hill



Onte sabado fomos a Chapel Hill, unha cidade universitaria pequena. Ten tanto encanto que hai unha anecdota sobre ela. Din que un home queria chamar por telefono ao Ceo e en Raleigh dixeronlle que non habia linha, logo foi a Durham e tampouco e chegou a Chapel Hill e preguntou e dixeronlle que si e preguntou canto custaba e dixeronlle que nada, que era chamada local.

Estivemos paseando polas tendas pequenas e unha libreria de libros usados e tomamos algo contra a calor nunha tenda-restaurante mediterranea con productos como as follas de vide en frasco que din que son boas para comer.

Coincidiu que habia un partido de futbol americano da Universidade de North Carolina contra Wisconsin e as cores azuis relucian por todalas partes. As cores vermellas do Wisconsin eran poucas pero aqui as afeccions non son mui "hooligans" e paseaban os afeccionados con toda a tranquilidade do mundo. E na foto vese a chegada dos tropecentos xogadores da UNC precedidas polo carneiro-mascota e as nenas dos pompons abeirados dos afeccionados e a banda de musica.

Como facia unha calor infernal fuximos ao Southpoint, un centro comercial que tinha o aire acondicionado a tope; asi que saimos da calor ao frio. Estivemos pasando o tempo e vendo os disfraces para o Halloween e ata habia disfraces para os cans. Tamen diante do Barnes & Noble estaba un malabarista mui bo que ten paxina web e todo e no video do juggle boy poden admirarse as suas artes.

E xa dali tiramos para casa que o Colin botou todo o dia sen sair. Warrenton estaba mollado que acabara de cair unha treboada.

3 Comments:

At 10:04 AM, Anonymous Anonymous said...

Vas disfrazar o Colin???

 
At 10:12 AM, Blogger acedre said...

Non, ho. Eracheme o que me faltaba!. Varias veces intentamos porlle un lacinho na cabeza e non houbo maneira que el arrincabao...Imaxina eses disfraces. Amais esta o prezo.

Os disfraces son simpaticos. Hai un de pirata que llo atas ao pescozo por detras e e un pano que na parte de diante do pescozo fai como a camisa pirata e os pantalons metense nas patas dianteiras. Ou sexa, esta disfrazado so no frente e parece un pirata anano.
Saudos.

 
At 3:42 PM, Anonymous Anonymous said...

Ten gracia iso da chamada local. Acó se chamas o ceo, para que sea de balde tes que chamar a cobro revertido, se tes alí algún amigo..
Unha aperta

 

Post a Comment

<< Home