Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Opinions personais

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Wednesday, September 07, 2005

Opinions personais


Segue a rotina o seu paso. Fun ao choio e sigo enterandome das novidades da xente do choio: a John Paul, o vello que topaba o Pedrochosco, botarono que se pasou cos dias de permiso e agora a ver onde topa choio que xa e vello de mais. Hai xente enferma coma Terry, unha branca mui gorda que botaba carreirinhas de hipopotamo para o banho. Outra que esta mal e Kathy, unha floridiana que ten o zoo montado na casa con iguanas, loros e bechas que a queren a ela e andan a trabazos detras do seu home. Tamen esta enferma Vivian, a negra que dixo que eu me parecia a Swarzenegger e que non lle gustaba, ou sexa, chamoume feo dun xeito curioso.
Botaron do choio a Tim , o negro delgado e remolon, que deu positivo no control antidroga e tamen botaron polo mesmo motivo a Charles que ten un apelido italiano. Porque aqui hai controis antidroga sorpresa e se das positivo...
Por outra banda, a Cecelia segue a monear no choio: queda co estuche na man e fecha os ollos. Eu fagolle burla e ela ri e tamen ri a sua companheira Ernestine. Eu dixenlles que se o xefe na terrinha topa a alguen durmindo no choio pois botao a rua e elas dixeron: Really ? coma se fose do mais normal monear no choio ou mesmo nas reunions que facemos as veces e onde falan os xefes de diferentes temas laborais.

por outro lado, queria saber da opinion da xente de a pe acerca do furacan e pregunteilles a Sandra e a Emma, a hondurenha. As duas coincidiron en resaltar o das violacions nos refuxios. Suponho que para as mulleres e do pior que lles pode pasar.
E tamen falei do furacan con Brian, un encargado de 24 anos que parece da minha quinta e que ten dous fillos ( cousa normal neste pais onde incitan a procreacion para extension do Imperio ). Dixome que na tele dician que ian tardar dez anos en reconstruir a cidade e eu comenteille o dos douscentos autobuses escolares que deixaron alagar en Nova Orleans e que servirian para evacuar a milleiros de persoas. O Brian dixo coa voz baixa que o Bush actuou mui mal. Dixomo coa voz calada que nunca se sabe quen escuita...Ao millor falar mal do presidente neste pais e unha blasfemia...e pola foto xa sabedes que esta proibido.

Manha comentarei mais cousas.

5 Comments:

At 12:49 PM, Blogger Aldi said...

Me gustaria hablar contigo pero no hablo muy bien el gallego. Si, puedo hablar el castellano, pero no entiendo todo del gallego.

 
At 7:12 PM, Blogger acedre said...

Non e xente rara. Pode ser a forma que tenho de comentalo. Todos temos un par de detalles que nos deixan marcados na opinion dos demais. O ser humano e complexo e todos levamos sorpresas se conhecemos mais profundamente a alguen. Normalmente conhecemos a xente nun ambiente so ou dous ambientes pero todos cambiamos de forma de ser segundo as circunstancias. Normalmente temos unha idea dunha persoa que non e un retrato puntillista da persoa senon unha caricatura de dous trazos simples. Eu describo estes companheiros cun par de detalles que conhezo deles.
Quen me gustaba describindo a xente era Cunqueiro en "Xente de aqui e acola" e "Os outros feirantes" e describia os personaxes cun par de trazos simpaticos e chocantes.
E isto faime lembrar unha personaxe do Porrinho que poderia ser unha personaxe mais de Cunqueiro.
Nunca souben o nome e chamabanlle "O Matalobos" e eu cuidaba que era por ser un cazador ou algo asi e levei unha sorpresa cando lin nun dicionario de galego que matalobos e a persoa preguiceira ou lenta no traballo. Logo cain na conta cando o lembraba varrendo polas ruas (era varrendeiro) e estaba apoiado na vasoira e esperaba que caira unha folla para varrela e logo volvia a posicion anterior. So o vin moverse un pouco cando bailaba coa muller e, por certo, daba voltas con xeito que semellaba unha pionza.

En canto ao das analises antidroga...que queres que che diga ?. Eu penso que se cumpres no traballo non importa a tua vida nin sexual nin os teus vicios ou defectos nin enfermidades que non sexan contaxiosas.

Pois nada, saudos e lembra que todos somos algo "rarinhos".

 
At 7:30 PM, Blogger acedre said...

Para mi amigo Aldi.
Lo siento mucho que no entiendas todo lo que escribo. No lo hago por mal sino por opcion personal. Me gusta escribir en gallego y leerlo y todo lo que tenga que ver con el gallego. Es mas, me gustan todas las lenguas minoritarias y dialectos y todo lo relacionado con la filologia ( yo iba para profesor de gallego pero no acabe la carrera ).
No voy a cambiar el idioma de mi weblog por todos estos motivos y espero que lo entiendas.
Eso si, si tu me preguntas por el significado de palabras, frases o el texto por completo; por supuesto que te lo traduzco sin problema alguno.
Asi que ya sabes: tu pregunta que yo te respondo, ok?.
Saludos y gracias por pasar el trabajo de tratar de entender lo que escribo.

 
At 8:43 AM, Anonymous Anonymous said...

What means teh word "trabazos" ?

 
At 9:57 PM, Blogger acedre said...

Trabazos significa mordiscos.

 

Post a Comment

<< Home