Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Ponhamos que non falo de Katrina e si de Boston

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Tuesday, September 06, 2005

Ponhamos que non falo de Katrina e si de Boston


O domingo dedicamos todo o dia a visitar Boston e Harvard.
O hotel onde estabamos tinha pinta cutre pero tinha uns almorzos potentes con zume, cereais, torradas e cafe en barra libre. Asi que almorzamos ben e tiramos para Boston. Chegamos sen problemas ao centro polas pontes e os tuneis de Boston que esta furado aqui e ala e ainda o estan furando mais.
Puidemos aparcar a sombra dun ranhaceos perto de Boston Common, o parque mais grande da cidade. Facia un dia agradable para pasear comparado coas calores de Carolina que non te podes menear e asi levamos ao Colin conosco. A xente estaba de domingo no parque e outros ian nunhas barcas grandes a pedais polo lago e tamen habia un globo para subir, sabe Deus a que prezo.
No Boston Common hai unha oficina de turismo e dali partia o percorrido da liberdade "Freedom Trail", percorrido que pasa polos lugares clave da independencia dos americans dos ingleses. O percorrido e doado de seguir: e unha raia vermella no chan; e pasa por igrexas, cemiterios e edificios emblematicos da cidade.
Boston e unha cidade vella para os americans que aqui vinheron vivir os pelengrins do Mayflower despois de vivir en Salem. Esta cidade ten muita cantidade de xente de orixe irlandesa que chegaron fuxindo da fame (an gorta mor) a mediados do seculo XIX.
E paseando, paseando , puidemos ver unha cidade con vida, aberta e bonita.
E logo de pasar unha pequena Italia, cruzamos por unha ponte a outra beira do rio Charles e chegamos onde esta o barco Constitution e o seu museo. Cris e Tonho subiron e nos quedamos co Colin no parque do lado. Logo seguimos o percorrido ata Bunker Hill que e un obelisco erguido onde houbo unha batalla famosa contra os ingleses. Mentres eu quedaba con Colin eles subiron os tropecentos escalons ata arriba onde habia boas vistas. Ia sendo a hora de xantar e acurtamos a volta pasando polas ruas de casas pequenas e con encanto: casas de ladrillo con muitas fiestras e flores e arbores na rua. Chegamos a Faneuil Hall, onde hai comida de todo o mundo (esta o segundo Cheer's) e muitas tendas. Eran as tres e estaba acugulado de xente e tivemos que comer de mala maneira. Logo fomos ao coche e deixamos ao Colin que estaba canso e tiramos para o bairro chines que e pequeno e sen gran encanto. Decidimos ir a Harvard que estaba noutra beira do rio pero esta vez fomos en coche.
Eu suponhia que ia estar tranquilo Harvard pero habia muito ambiente estudiantil e habia estudiantes veterans que facian xogos cos novos para conhecerse...E estivemos paseando ata que se fixo noite e logo ceamos ali nun restauran americano tipico. Despois volvemos ao hotel que foi dificil topalo que tivemos ese problema todolos dias.
Na foto esta Boston visto dende o Bunker Hill.

2 Comments:

At 1:55 AM, Blogger mariademallou said...

pois ten boa pinta ese boston...

 
At 6:25 PM, Blogger acedre said...

Nos diciamos Boston: a gran bosta pero en broma.
Boston pareceunos mui bonito e con historia. Non sei, quizais foi o bo tempo e que todo saiu ben. Xa se sabe que cada un fala da feira segundo lle vai nela.
Saudos.

 

Post a Comment

<< Home