Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Rita esmorece

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Saturday, September 24, 2005

Rita esmorece

Rita entrou esta madrugada polo lugar previsto. Fixo das suas e arrincou sinais de trafico, arbores e deixou sen electricidade a muita xente. O furacan foi malo pero despois do de Katrina quedou en menos... e gracias.
E por esta terra non hai muito que contar. Ana fixo un cursinho no instituto (pagaronlle e todo) e logo fomos ao Triangle en Raleigh. Cris e Tonho foron a Rocky Mount.
Nos collemos a estrada 401 direccion sur que ben pode ser unha mostra do rural surenho. Bosques de carballos americanos e arces, plantacions de pinheiros, labradios de soia, tabaco, millo e boniatos. Aqui e ala hai casas arruadas e granxas abandonadas, trailers (casas mobiles), casas vellas de madeira e outras mais novas. A xente estaba facendo barbacoas ou cortando o cespede ou fozando nos coches. Tamen habia xente collendo o tabaco que non e tan doado como parece pois tenhen que arrincarlle as follas unha a unha e despois pasa a recolledora que as apanha do chan. O senhor branco conduce a recolledora e os mexicanos apanhan a man. E menos mal que o dia estaba cuberto e as temperaturas aturabanse ben e ata puidemos levar ao Colin de paseo.
E iso foi todo por hoxe.

6 Comments:

At 4:28 PM, Anonymous Anonymous said...

This comment has been removed by a blog administrator.

 
At 4:28 PM, Anonymous Anonymous said...

This comment has been removed by a blog administrator.

 
At 4:42 PM, Anonymous Anonymous said...

Estou ledo de que Rita esmoreza..de que fixera menos dano que Katrina..e tamén de que se esquecera de Houston..
Unha aperta

 
At 6:35 PM, Blogger acedre said...

Outra aperta e aledome de que Houston non se vira mui afectado.

 
At 12:28 AM, Blogger Kiko Novoa said...

This comment has been removed by a blog administrator.

 
At 12:28 AM, Blogger Kiko Novoa said...

Vaia pasada!!!! A verdade é que é incrible o que está a pasar... Animos para todos!!!!

 

Post a Comment

<< Home