Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Rita xa provoca problemas

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Friday, September 23, 2005

Rita xa provoca problemas

O furacan Rita agora ten categoria tres. Trae muita auga e as rafas de vento que escapan do centro provocaran tornados como fan sempre os furacans. A chuvia acumulada rompeu os diques que protexen Nova Orleans e volve entrar auga na cidade. E o furacan chegara a madrugada do sabado a costa de Texas e Luisiana.
Hoxe non traballei que habia pouco choio en Revlon. Cando iamos a piscina, eu queria facer unhas fotos e a camara deunos un susto que quedou sen pilas e non recollia o obxectivo e pensamos que se estropeara pero so foi falta de pilas.
A min gustame a fotografia e as fotos antigas mais. No YMCA entre as revistas para follexar hai unha con fotos antigas de xente, sitios e que son enviadas por xente particular que as tenhen de recordo. Magoa que non dean feito o mesmo co Arquivo Pacheco en Vigo ou as fotos que estan en Nova York de Ruth Matilda Anderson nunha viaxe que fixo nos anos vinte a Galicia.
Manha habera mais.

2 Comments:

At 3:49 AM, Blogger mariademallou said...

xa vin os míticos carteis de "rita go home" ou algo así que colgou a xente nas casa tipo nunca máis... sorprendente, cando menos...
saudiña e sorte. cuídense e vaian pola sombra.

 
At 6:47 AM, Blogger acedre said...

Aqui quedanos ben lonxe e non sentimos o impacto. No que se sente e nos prezos da gasolina que tiran para arriba.
Que todolos males sexan eses.
Imos pola sombra pola conta que nos trae. Aqui vai calor de momento.
Saudos e bicos.

 

Post a Comment

<< Home