Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Visita a Occoneechee

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Sunday, September 25, 2005

Visita a Occoneechee



Hoxe estivo o dia anubado e puidemos caminhar. Decidimos tirar para Virxinia, a unha media hora da casa; a un parque chamado Occoneechee que esta no encoro Kerr.

O nome tan raro ven do nome dos indios que vivian ai e que remataron fuxindo a outras partes e mesturandose con outros indios ou outros brancos e asi hai descendentes deles que viven no condado Warren.

O parque ten percorridos e paneis explicativos sobre os indios que vivian ali e a plantacion de tabaco que houbo mais tarde. Hai un museo pequeno con restos dos indios e explicacion da sua vida. E no parque hai a replica dun chouzo dos indios e restos da casa da plantacion e un cemiterio pequeno onde enterraban os esclavos sen por nin tan sequera o nome na lapida.

Pasamos un bo dia caminhando, admirando o bosque e vendo os ricos nas suas barcas pescando no Kerr. Despois tomamos un cafe nunha gasolineira con terraza con vistas ao encoro e logo tiramos para casa.

E iso e todo por hoxe. Ata manha e que as festas do Cristo no Porrinho vos sexan leves.

4 Comments:

At 4:38 AM, Blogger máis alá said...

Agradézoche que esteas a mostrarnos cousas dos U.S.A. que rompen con esa imaxe que temos gracias a Hollywood.

 
At 3:53 AM, Blogger Peke said...

Parece fermoso o sitio.

 
At 7:51 PM, Blogger acedre said...

Para Peke: o sitio e xeitoso. Aqui hai muitos sitios asi, coa natureza exhuberante. Hai muito bosque pero sin a praga dos incendios (outra cousa e na costa oeste dos EEUU) e agora vai empezar o outono que e unha explosion de cores nas arbores.
Para Mais ala: gracias polo teu apoio. Eu so son unha pinga neste mar dos EEUU. Como di o meu blogo, eu expreso os EEUU segundo o meu punto de vista e dend logo Hollywood non e o unico que hai neste pais.
Saudos e que che vaia ben co taller literario e a ver se sae ese conto.

 
At 7:13 PM, Blogger acedre said...

Pois tes razon: o cafe non e express. Eu tomo Capuccino French Vanilla que sae perfecto de dozura para min e e un caldeiro ben quente que sae dunha maquina.
Aqui os cafes son grandes pero auga chirla a ferver asi nos restaurans danche barra libre de cafe porque encharca e acabas inchado. Tamen hai soda gratis que e o refresco de maquina que hai que botarlle xeo que non se traga do doce que e.
O das vistas estivo ben. Magoa das pontes que afeaban as vistas.

 

Post a Comment

<< Home