Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Arco do trono

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Friday, October 21, 2005

Arco do trono

Hoxe amenceu con mollaparvos. No choio falei con Juan, un mexicano que limpa os banhos. Falamos do tempo e dixo que lle chaman "chipichipi" a ese tipo de chuvinha. Fixome lembrar aos meus primos de Canarias que lle chaman "chispear" a ese tipo de precipitacion ou o tipico nome de "txirimiri" que sobrepasa as fronteiras linguisticas bascas.
E tirando do fio pregunteille se tinhan algunha historia relacionada cos arcos da vella ou o arco do trono que e como lle din en Arbo. E contoume unha. Juan dixome que cando aparece o arco din na sua terra que os arcos de cores estanse a casar e que non vai chover en sete dias e dixome que doutro lado do arco chove forte e deste non. En Honduras din "esta pariendo la venada" cando chove, fai sol e hai arco da vella. Un conhecido meu da Caniza di que estan as meigas a peitearse e semelloume unha imaxe bonita e poetica como poucas.
Os arcos da vella tenhen nomes bonitos e estan rodeados de lendas curiosas en todalas culturas do mundo. Dende os indios americanos, os incas ata os brasileiros con raigame africana pasando polos irlandeses e os galegos que din que onde nace un arco da vella hai un caldeiro cheo de ouro.
E sen mais, despidome ata manha.

3 Comments:

At 7:33 AM, Anonymous Todo Terreo said...

Magoa que só sexa unha lenda, pois de ser certo os galegos estaríamos forrados con tanto ouro. Aquí xa será por choiva...

 
At 12:02 PM, Blogger Dorvisou said...

Pois mira ti por onde, hoxe está a chispear neste recuncho das Illas Canarias. ¡Non vexas como me prestou a sesta...
O arco da vella tamén ten lendas de malos augurios. Non sei se o teu formulario me permite deixar un enlace, espero que podas botar unha ollada a esta páxina.
http://www.galiciaencantada.com/index.asp?rsl=1024

 
At 4:15 PM, Blogger acedre said...

Se houbese tanto ouro xa se encargarian de devalualo, non tenhas medo. O noso ouro pode ser esa chuvia que e un agasallo do ceo.
Paco, dime cal e o titulo da lenda e en que apartado esta porque non a dou topado.
Esa paxina de Galicia Encantada xa a conhecia e, de feito, hai duas lendas mandadas por min. Unha e a lenda das dunas de Gaifar no apartado de Galicia desaparecida e outra e a noiva fantasma da costa de Oia que esta no apartado de lendas urbanas.

 

Post a Comment

<< Home